As #efeméridas: xa podes escoitar o podcast de todos os programas

Hoxe rematei a miña colaboración As efeméridas no programa Galicia por Diante do gran Kiko Novoa. Foi unha magnífica experiencia na que cada semana exploraba sucesos máis ou menos anónimos (aínda que ás veces foi irresistible coller outros de maior entidade, pero moi descoñecidos para a sociedade actual), que aconteceran nesta semana. Nun país tan vello como Galicia, que ademáis conserva tanta documentación, facer este espazo radiofónico foi unha fonte continua de diversión e aprendizaxe.

Aínda que desde o programa me pediron que me continuara facendo a colaboración, as miñas obrigas impídenme en inverno levar a cabo esta produción, que require bastante tempo. Con todo, grazas ao mítico Dorfun, un dos grandes activistas de Internet desde o seu nacemento, aquí tedes acceso aos programas (nestes momentos só falta por engadir o último). Grazas, Dorfun!

A foto foi tomada o primeiro día de gravación por Kiko Novoa.

4 Comments

  1. dorfun
    31 / Agosto/ 2016

    Pois xa está o último subido… que agardemos non sexa o derradeiro!!!

  2. 2 / Setembro/ 2016

    Grazas, Dorfun!!!

  3. FranLR
    2 / Setembro/ 2016

    Noraboa Manuel, todo un acerto estás efeméridas. Estounas a desfrutar en diferido. Unhas poucas máis e que ben lle quedaban nun libriño! Grazas por compartilas

  4. 5 / Setembro/ 2016

    Todo chegará! ;-)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará