As Efeméridas, todos os mércores na Radio Galega

Durante estes meses de xullo e agosto poderás escoitarme todos os mércores, ás 10.30 h. da mañá, no programa Galicia por diante. Serán as Efeméridas, as Efemérides efémeras que seleccionarei para ti. Que que raio é iso? Pois habitualmente temos unha idea das Efemérides vinculadas ao nacemento ou morte de grandes prebostes, políticos, científicos ou artistas, conmemoración de batallas, conquistas, caídas e descensos de imperios. Eu quero ofrecerte outra cousa ben divertida: explorar a inxente documentación galega, desde a Idade Media (ou a veces antes) ata o século XX, para conmemorar feitos pequenos que nos contan moito de nós mesmos: desde caídas dun carro ata vendas de leiras, pasando por representacións teatrais, rifas entre parroquias ou batallas esquencidas. Pequenas historias coas que podemos aprender moito do noso pasado. Cada mércores, xa sabes, un par de Efeméridas na Radio galega. ;-)

2 Comments

  1. xangal
    8 / Xullo/ 2016

    Te vendrá bien este libro entonces:

    Ayer de Pontevedra. Efemérides [93616]
    RODRIGUEZ FIGUEIREDO, Modesto
    LOCAL PONTEVEDRA. GALICIA.
    Ediciós do Castro 1992 275 pags. 24×16 Cubierta ilustrada con solapas

    Es un libro excepcional para todo pontevedrés.

  2. 14 / Xullo/ 2016

    Grazas!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará