Antártida: cos seus ollos / cos meus ollos

O meu irmán chegou onte á Antartida, á base polaca Henryk Arctowski na Illa do Rei Xurxo. Está investigando como as plantas poden adaptarse e sobrevivir en climas estremos. Para facelo percorre miles de quilómetros ao redor do planeta tanto en climas polares como en duros desertos. Algo que pode ser moi importante para o noso futuro como especie.

Grazas ás tecnoloxías, é un pracer poder compartir algo da súa experiencia, ver o que el ve, as súas primeiras impresións. Os primeiros icebergs desde o barco que o leva alá, aquí arriba, ou o primeiro paseo por ese territorio estraño e desolado. Haberá quen prefira un videoclip cunha montaxe espectacular: eu quédome con este fragmento de memoria atrapado no tempo, que os seus ollos e agora os meus (e os vosos) comparten. As formas de memoria e de experiencia indidivual e colectiva cambian.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará