Como destruír un castro

As novas posibilidades dos repertorios cartográficos en liña están permitindo comprender a dimensión do proceso de aceleración da destrución do patrimonio nas últimas décadas. E isto é importante: é moi posible que en trinta ou corenta anos se teña destruído máis patrimonio que en centos de anos anteriores, e desde logo non é certo que iso se deba, en moitos casos, ao progreso. Máis ben trátase dun cambio no modo de explotación económica do rural. Agás grupos moi preocupados como Mariña Patrimonio, aínda non somos conscientes en termos públicos da gravísima acción da industria forestal sobre os xacementos arqueolóxicos, en moitos casos de maneira consciente, e actuando de forma completamente ilegal. O que vedes na imaxe é o castro do Cotón en Coristanco. No ano 1956 este xacemento, que tiña usos agrarios como boa parte das fortificacións da Idade do Ferro, parecía atoparse nun espectacular estado de conservación. Fixádevos a consecuencia da explotación forestal ultraagresiva. Ducias de socalcos literalmente pulverizaron todas as defensas do sitio arqueolóxico. Obviamente, este tipo de fotografías e modelos tridimensionais teñen un valor procesal e legal non abondo explorado por individuos e asociacións en defensa do patrimonio. Aquí queda a idea para quen lle apeteza usala.

3 Comments

  1. Eduardo
    13 / Xaneiro/ 2016

    “…este tipo de fotografías e modelos tridimensionais teñen un valor procesal e legal non abondo explorado por individuos e asociacións en defensa do patrimonio. Aquí queda a idea para quen lle apeteza usala.”
    Interesantísimo.

  2. 16 / Xaneiro/ 2016

    Gracias Manuel, sempre loitando por unha causa que semella perdida; ao noso pobo pouco lle interesan estas cousas como tampoco lle interesa conservar a nosa lingua a piques de morrer.
    Ainda así hay que denunciar estes feitos, pero son pesimista como fun fai uns meses vendo as torres do oeste, sen reconstruir, cheas de arbores para que non se podan ver e cinguidas de duas criminais pontes deixando afectada para sempre a contorna do monumento.
    E isto da contorna dos monumentos e moi importante e os poucos que conservamos ben estan as veces a caron de edificios noxentos.
    Tanto que saber da nosa historia e que poucos cartos investimos nela.
    Grazas a tí por todo.

  3. 16 / Xaneiro/ 2016

    Grazas a ti por lelo e por preocuparte. Unicamente tento botar unha man a través de ferramentas ao alcance de todos que están aínda se aproveitar nestes casos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará