Xa dispoñible o Calendario do Románico 2016

Hoxe, durante unha xeira por terras de Taboada e Chantada, presentouse o Calendario do Románico 2016 da asociación O Sorriso de Daniel, con fotografías de Sole Felloza e textos de Xaime Delgado, o crego que tanto loitou pola conservación e comprensión do románico lucense. O calendario é unha excelente mostra dos tesouros que esconde Galicia. O románico rural, que é un románico de igrexas modestas e non de grandes catedrais, ofreceu un importante impacto visual. Percorrendo estas antigas e fermosísimas terras de Chantada e Taboada, puidemos apreciar como o país, todo el, é un tesouro.

Aquí podedes ver unha escolma destas pequenas marabillas, retratadas con moitísimo mimo con Sole. A impresión do Calendario (feita en Galicia) é unha auténtica gozada. O papel consegue representar todo o volume e a textura que, desta volta, Sole conseguiu extraer do noso teimudo granito. A foto de arriba é o pórtico lateral de San Miguel do Monte.


San Paio de Muradelle. Apreciade a tremenda fisura que ten o tímpano e o risco que ten para a súa preservación.


San Cristovo de Mouricios


San Pedro de Bembibre


O ‘green man’ de San Miguel de Castelo, feito en estilo Taboada (cara estirada) e recordos castrexos (ollos pechados)

San Xiao do Campo

Para conseguir o catálogo podes informarte no web do Sorriso de Daniel e no seu perfil de Facebook. Espera uns días a que publiquen a lista de puntos de venda.

3 Comments

  1. Eu
    13 / Decembro/ 2015

    maravilhoso retrato da pedra. nom atopei na nova uma referencia onde conseguilo. obrigado

  2. 13 / Decembro/ 2015

    Si o pon. Na parte de abaixo do post.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará