Venres 11 en Verín: charla sobre conservación do Patrimonio no medio rural

Pois iso, organizado por Vía XIV, impartirei unha charla-debate este venres 11 de decembro en Verín, sobre conservación do Patrimonio no Medio Rural. Será ás 19 h. na Casa Sindical.

Na charla tentarémonos centrar en cal é o papel do patrimonio cultural na sociedade galega actual, e como se está a transformar a súa función desde a sociedade tradicional ata hoxe. Veremos modelos de éxito e de fracaso na xestión e nas iniciativas levadas a cabo neste sentido, analizando as posibilidades de futuro que ten o patrimonio cultural e como pode ser aproveitado -e non só economicamente- polas comunidades nas que está localizado.

A idea é dar unha conferencia pero que haxa tamén un debate posterior, que permiten ampliar e diversificar as visións e experiencias sobre o patrimonio cultural.

2 Comments

  1. Francisco Xavier Almuíña Chorén
    8 / Decembro/ 2015

    Boa tarde Manuel,
    Sabes si se vai utilizar streaming na túa conferencia para poder seguila?
    Unha aperta
    Francisco

  2. 8 / Decembro/ 2015

    Non o sei, Xabier, pero non creo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará