Tolos pola fotogrametría 3D

Os avances dos últimos anos en fotogrametría 3D son espectaculares. Aquí hai moitísimo e moi interesante por probar e comprobar, en campos moi diversos, como pode ser o do patrimonio cultural ou o arqueolóxico, onde está a ser unha revolución á hora de traballar malia que aínda non se trasladou demasiado ao gran público. Ata agora, esta fotogrametría 3D é esencialmente descritiva e documental pero temos un campo magnífico para experimentar con narrativas dixitais, con formas de explicar. Este campo, admeáis, combina excelente software privativo con outras aplicacións open source que poden substituír a opción privativa sen problema ningún.

Estou mergullado nun proceso de aprendizaxe das técnicas fotogramétricas, explorando as súas posibilidades narrativas. Por agora véxoas como un excelente complemento a outras técnicas, como a fotografía e o vídeo, e non dubido de que no futuro, se seguen avanzando deste xeito as tecnoloxías, a fotogrametría empregarase en medios de comunicación. A miña pretensión é avanzar na exploración deste campo, e considerar xa á fotogrametría como unha técnica que permite contar algunhas historias mellor, aínda que non outras.

Polo de agora quero presentarte a miña canle de Sketchfab, complementaria sen dúbida da miña canle de Youtube. Obviamente, este é un proceso de aprendizaxe en aberto e colaborativo. Hai cousas que me van saíndo mellor e outras peor. O que fago é aproveitar algunha viaxe para obter rapidamente un bosquexo en 3D, así que non lle podo dedicar o tempo que lle dedica un profesional. Pero precisamente por iso, porque son “rascuños”, poderedes apreciar a súa calidade.

Aquí vai unha selección da miña canle, ata agora especialmente volcada cara os pórticos románicos ou góticos, que te permiten explorar algunhas marabillas figurativas feitas polos nosos canteiros.


San Paio de Muradelle (Taboada). Advertide o ben que se ve a fractura do tímpano.


O impresionante pórtico de San Xiao de Moraime (Muxía), a catedral da Costa da Morte


O pórtico lateral de Moraime. Non se perdan o estupendo centauro e o abade con libro, escondido baixo o tímpano


Que dicir do marabilloso pórtico de Santiago de Cereixo, coa súa Traslatio?

ç
Sempre me encantou o estilo vintage do pórtico do Colexio de Fonseca


O bispo Maeloc non chegou a ver este pórtico de San Martiño de Mondoñedo. Gustaríalle?


Presentémoslle os nosos respectos ao Bispo/Druida Santo que creou as tormentas que derrotaron aos normandos


Alguén anímase a ler a inscrición do mosteiro de Taboada dos Freires e o seu misterioso símbolo-colmea?


Para os amantes dos deseños inmemoriais, aquí vai o pórtico de San Xiao de Campo


Ao pobre do dolmen de Abuíme cominlle un esteo, pero a todo hai que collerlle o punto.

15 Comments

  1. Luis
    3 / Decembro/ 2015

    Hola, pareceume moi interesante a entrada (bueno, todas o son!). Qué software usas para face-los esquemas 3d? Necesitas dunha cámara especial, ou trípode?
    Graciñas polo teu blog, Manuel.

  2. 3 / Decembro/ 2015

    Ola, Luis, moitas grazas! Todos os modelos que ves aquí están feitos co móbil. Custa de crer pero é así. :-) Para aprenderes, o mellor é que busques en Google, que hai documentación a eito. Ti xa sabes que desde o momento que recomendas un ordenador ou un programa convírteste no padriño e responsable dese ordenador para toda a vida. Xa me teñen dito demasiadas veces “desde que instalei ese programa que me dixeches o ordenador non me vai ou me vai lento”, así que desde hai tempo prefiro que, en temas de informática, a xente se asesore mellor co seu cuñao ou o seu sobriño. ;-)

  3. 3 / Decembro/ 2015

    Son técnicas moi interesantes tamén para xenerar modelos 3D de pezas, sobre todo de pezas fráxiles que non se deben toquetear moito.
    Os próximos meses crearei algúns destes modelos de pezas, en colaboración coa xente do Museo da Terra de Melide.
    ;)
    Un saúdo

  4. Luis
    3 / Decembro/ 2015

    Ok, xa está a investigación en curso. Máis sinxelo do que imaxinaba!

  5. 3 / Decembro/ 2015

    Alégrome! Sen embargo, fíxate que curioso que tampouco te creas que están espertando moito interese en termos de audiencia, en Capítulo Cero, malia o pedazo de curro por todo o país que estou publicando neste post. Isto sempre acontece con tecnoloxías novas neste blog. Custa non tanto facelas visibles como facelas interesantes e útiles.

  6. pablo
    3 / Decembro/ 2015

    Gran trabajo MAGAGO, la audiencia llegará tarde o temprano, sin duda.

  7. Jorge
    4 / Decembro/ 2015

    Estas usando Pix4D por casualidad?

  8. asdf
    4 / Decembro/ 2015

    No pasa nada por recomendar alguna aplicación, se podría advertir que no tienes ninguna relación con la misma y que no garantizas que vaya bien o mal.

  9. pablo
    4 / Decembro/ 2015

    Que tal la audiencia, subiendo un poco? :-)

    La verdad,me encanta esto.Tenía pensado empezar experimentando en fotogrametría con dólmenes pero los pórticos quedan espectaculares. Además me pilla leyendo https://es.scribd.com/doc/51568669/Arnold-Van-Gennep-Los-Ritos-de-Paso , no se si lo conoces pero muy recomendable.
    La ubicación de los dólmenes,los umbrales,los ritos de paso,el camino,los pórticos, si fuera escritor y tuviera tiempo haría un libro sobre ello.

  10. 4 / Decembro/ 2015

    Estalo petando en meneame.net
    Noraboa polo traballo e a incidencia e espectativas que estás a xenerar.
    Un saúdo.

  11. Besugo
    4 / Decembro/ 2015

    Hola, gracias por esta entrada del blog:

    Se que no quieres recomendar ningún programa en concreto, pero… ¿Al menos podrías decirnos alguno que sea libre? Como es “software” libre, no te compromete a nada, puesto que es algo abierto que no oculta nada.

  12. Daniel
    4 / Decembro/ 2015

    Hola Magago,

    yo también llevo un tiempo detrás de la fotogrametría, pero no he encontrado ningún software libre o que no te exijan subir tus fotografías o registrarte. El único que encontré fue VisualFSM, pero no he conseguido hacerlo funcionar muy bien. ¿Podrías decirme cuál has usado tú, o si el que has usado cumple esos puntos?

    Gracias!

  13. 9 / Decembro/ 2015

    Muchas gracias, el post inspira a hacer fotogrametría de lo que nos rodea. Yo ya estoy en la etapa de recopilar información, antes de hacer pruebas “sobre el terreno”.

  14. 10 / Decembro/ 2015

    Alégrome, Luis, xa amosarás resultados!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará