Fortalezas.es: da arquitectura militar á arquitectura da información

Philips Wouwerman (1619-1668), “El asalto a Coevorden”

Onte presentouse aos medios o web La construcción de una Frontera, que consiste no seguinte:

(…) Tiene dos objetivos, por un lado, divulgar entre el gran público el proyecto “Paisajes Fortificados de Época Moderna”, por otro, convertirse en el gestor documental y la plataforma geográfica de la tesis Arquitectura y Paisaje. Fortificaciones de frontera en el sur de Galicia y norte de Portugal (Rebeca Blanco-Rotea 2015). La información que se gestiona en la web se refiere a las entidades físicas identificadas durante la investigación desarrollada en torno al paisaje fortificado de la frontera entre Galicia y Portugal, concretamente en el último tramo del río Miño.

O web, financiado polo CSIC, presenta unha inxente cantidade de información ao redor das trazas físicas (arqueolóxicas e monumentais) dunha guerra moi pouco coñecida da nosa Historia: a guerra hispanoportuguesa (1640-1668), que sucedeu especialmente durante o validato de Olivares. Unha guerra fratricida, na que as tropas mandadas reclutar polo Rei en Galicia foron enviadas á fronteira do Miño a matarse contra os veciños da raia. O resultado foi unha impresionante (e en gran medida descoñecida) campaña militar, moi dura, que provocou que os dous bandos chegasen a internarse e a establecer fortalezas en cadanseu lado estranxeiro do Miño. Hoxe podemos percibir moita desa arquitectura militar do XVII en Valença, A Guarda, Vilanova de Cerveira…todo ao longo do Miño, pero o inxente traballo documental e arqueolóxico de Rebeca Blanco-Rotea identifica as trazas bélicas máis alá dos monumentos, e están por todo o territorio: fortes e torres agachadas baixo a frouma, trincheiras, sistemas complexos de defensa…

Tiven o pracer de botar unha man neste proxecto en dous ámbitos: no deseño web e na arquitectura da información, conceptualizando e convertindo o inxente caudal de datos obtidos por Rebeca nun sistema de información que puidese medrar exponencialmente, con garantías, e en certo xeito estruturase todo o almacenamento e tratamento da información arqueolóxica. Así que ademáis do que vedes por fóra en fortalezas.es, o sistema ten unha importante arquitectura información que soporta o esquema de datos, os elementos de información xeográfica e o corpus documental subxacente, facilitando a ampliación do corpus en múltiples direccións. A empresa SIXTEMA desenvolveu posteriormente o prototipo xa a nivel código.

One Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará