Pois hoxe se vos queredes achegar a Vilar de Santos, estaremos alí hoxe sábado presentando o licor Alicornio cunha mesa redonda na que participará Miguel Losada, secretario da SAGA, a xente de Alicornio e máis, quen falarei da vixencia de moitos mitos galegos e a súa adaptación ao presente. Un bo conxunto de anécdotas chuscas destes anos, vaia. Aquí na fotografía tedes máis información sobre as degustacións, o roteiro, a música, a coctelería…un pracer que veñades ata a Arca de Noé de Vilar de Santos!
Be First to Comment