Hoxe abre de novo Culler de Pau


Fotos: Sole Felloza

Pois hoxe, xoves 12 de marzo de 2015, abre de novo un dos restaurantes de referencia para a gastronomía contemporánea en Galicia: Culler de Pau. Logo dun complicado proceso administrativo e das reformas acometidas no local, esta noite será a primeira cea do novo Culler de Pau. Coa actividade do Fórum Gastronómico da Coruña é complicado atender a tanto, pero quería transmitir esta noticia aos amantes da cociña espectacular de Javier Olleros. Moita sorte na nova etapa!

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará