Steller, un novo xeito de facer relato multimedia

Steller, unha irónica contracción de storyteller (contador de historias) é o título desta nova aplicación, por agora dispoñible unicamente para iOS, que ao meu ver é unha sorte de mashup entre Instagram e Medium. En realidade, é algo tan simple como unha ferramenta para compoñer historias mesturando fotos, vídeo e texto dun xeito simple e creando unha sorte de libriños dixitais que se visualizan moi ben nos teléfonos móbiles. Storytelling sinxelo e visualmente impactante e atractivo, que pode dar que falar. Mágoa é que por agora as ferramentas para compartilo sexan escasas, aínda que ten dous modos de visualización (web e móbil). Aquí pódense explorar algúns exemplos.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará