“Como se fixo Vento e Chuvia”, hoxe martes 15 de abril ás 20:00 h. na Biblioteca de Redondela

Pois esta tarde do martes, 15 de abril, temos cita na Biblioteca de Redondela, como parte da programación da Semana do Libro. Exploraremos a idea de mito, de memoria e de relixión na Idade do Ferro en Galicia, movéndonos na tramoia que permitiu crear Vento e Chuvia, e transitando entre a Historia, a fantasía e a mitoloxía. Estades todos e todas convidadas!

2 Comments

  1. Xacordei
    19 / Abril/ 2014

    Grazas pola túa presenza en Redondela. Foi unha verdadera ledicia escoitar ás túas verbas sinxelas pero apaixoadas. É certo que vivímos nun país cheo de patrimonio pero fai falta xente coma ti que divulgue todos os tesouros que outros desprezan.

    Faltoume valor para pedirte que firmaras meu exemplar. Probarei noutra ocasión…

  2. 19 / Abril/ 2014

    Cando queiras, Carlos! Non te cortes que non mordo! :-)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará