Turismo de congresos en Euskadi

Estes días, preparando a conferencia que impartín hoxe no LUSOCOM sobre a marca-país de Galicia, batín con este anuncio que promociona o turismo de congresos en Euskadi (ou como eles o titulan, “the Work and the After Work”). Son catro minutos moi ben construídos ao redor dun obxectivo estratéxico para Euskadi, que é este turismo profesional. O anuncio está claramente orientado a un público internacional e consegue transmitir unha imaxe viva, dinámica e activa do país mentres consegue transmitir moitos dos seus valores tradicionais (natureza, gastronomía, cultura, etc.). Sobre a miña intervención, non tardarei moito en publicala. :-)

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará