Conversas Atlánticas 2014: O culto e o popular na tradición oral galega

No Festival Atlántica queremos instituír tradicións. Hai espectáculos para bebés, nenos, adultos, obradoiros de narración oral, pero tamén espazo para a conversa e a reflexión. O Festival comezará o día 11 de marzo cunha conferencia de Mercedes Peón no Consello da Cultura Galega ás 19 h., e o día 20 de marzo teremos as Conversas Atlánticas, tamén no CCG, que coordino eu.

En 2014 a proposta é reflexionar sobre os cruces entre a literatura culta e a narrativa popular na tradición oral galega (e viceversa). Este é un tema interesantísimo, porque os cruces, voltas e reviravoltas das tradicións, dos relatos e das narrativas ao longo dos séculos son abraiantes e poden darnos moitas sorpresas. Desta volta, o xoves 20 de marzo, no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela, celebraremos estas Conversas Atlánticas, a partir das 18:00 h. Estades todas e todos convidados a participar. A entrada é libre e non se precisa inscrición. Deixádeme que vos comente un pouco o espléndido elenco de relatores e vouvos recomendar un libro de cada un deles:

18:00. A Raíña Lupa e a mitoloxía oculta de Galicia.

ANTONIO BALBOA SALGADO. Profesor e Doutor en Historia, foi Presidente da Asociación Galega de Historiadores e director de Edicións Lóstrego. Obtivo os premios Taboada Chivite e Manuel Murguía de ensaio. É autor de Gallaecia nas fontes clásicas, A Galicia celta, As cidades asolagadas e A Raíña Lupa.

Recomendación:


Un magnífico ensaio que explora as diferentes tradicións e narrativas que conflúen na historia da nosa raíña máis popular.

19:00. O culto e o popular na tradición oral galega. . Con Antonio Reigosa e Xosé Ramón Mariño Ferro.

ANTONIO REIGOSA é un escritor, conferenciante e investigador da mitoloxía popular e da literatura galega de tradición oral, ademáis de responsable de comunicación e difusión do Museo Provincial de Lugo. Sen dúbida un dos maiores coñecedores do noso imaxinario e as súas conexións co imaxinario universal. É responsable desa marabilla que é Galicia Encantada e na Wikipedia podedes ler a súa bibliografía. Antonio Reigosa centrarase no xénero do conto popular.

Recomendación:


Diccionario dos Seres Míticos Galegos. Publicado con Xoán R. Cuba e Xosé Miranda, este libro é un must en toda biblioteca doméstica galega. Aquí está recollido o traballo de moitísimos anos de lecturas e, sobre todo, conversas por todo o país.

XOSÉ RAMÓN MARIÑO FERRO é profesor titular de Antropoloxía Cultural na Universidade de Santiago de Compostela. Mariño Ferro é un antropólogo dunha dilatadísima experiencia na análise e comprensión da sociedade tradicional galega e prestaralle atención ao xénero das lendas. Ver obra na Wikipedia.

Recomendación:

Los amores del ciervo. una aproximación a la literatura popular española, en la que abundan las historias, leyendas y cuentos en los que intervienen animales. Los que tienen por protagonista o motivo principal al ciervo destacan por la atmósfera mágica en la que discurren y por la incorporación de imágenes de extraordinaria belleza. Con ellos, y con los romances viejos y los cuentos maravillosos, la tradición oral alcanza el nivel de la literatura oral con mayúsculas. Xosé Ramón Mariño Ferro, partiendo de la leyenda gallega de la cierva blanca, ha ido descubriendo capa a capa, como si de un palimpsesto se tratase, otras historias de ciervos, antiguas, medievales y contemporáneas, cultas y populares que nos ayudan a entender el sentido oculto de la narración, sus significados y mitologemas. Ha realizado un acopio de 16 textos de España, Europa y la Edad Media, en los que el ciervo es el hilo conductor de los relatos. En un segundo capítulo analiza en profundidad la simbología presente en dichos textos.

…e ao rematar, final de luxo do día Atlántica na Nave de Vidán. No CCG remataremos ás 20:15, así que dá tempo para achegarnos ata a Nave de Vidán, onde ás 21 h. aparecerá Xurxo Souto para contarnos esta chulada:

Contos do mar de Irlanda

As cousas do mar non se contan na terra, dixo o Machín de Muxía. Galiza é unha pedra chantada no Atlántico e un espazo mariño que abrangue todos os océanos. Quizá un mariñeiro do Berbés non saiba onde queda Riotorto, polas montañas do norte, mais todos saben de Capetón, Cape Town, na fin de África. Un mariñeiro do Muro non saberá quizá de Olelas, na raia de Portugal, mais todos saben de Antuerpe, que é como lle din en galego do mar a Amberes, o gran porto do Norte.
Prodixioso saber gremial, absolutamente vedado a terrícolas e terrícolos.Cómpre romper con esta fronteira de silencio. E cómpre principiar a mollarse na auga máis doméstica: o Gran Sol. Caladoiro tan traballado polos nosos avós que está inzado de nomes en galego.
Alén do paralelo 48º N, o Mar das Galiñas, a Cona da Vella, a Ferradura agardan.
Está subindo a marea, ti non quedes varado en seco.

One Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará