Blowing in The Wind, un anuncio dinámico

Aquí podemos ver unha interesantísima mostra de como se poden aproveitar sensores de contorno para desencadenar narrativas audiovisuais moi potentes. Un anuncio da marca Apotek. Neste caso, o seu uso publicitario é moi intelixente, e responde á necesidade de sorprender ou diferenciarse que é fundamental nunha campaña publicitaria. Pero pensemos alén diso nunha narrativa audiovisual, non publicitaria, que responda a cambios de tempo, de temperatura, de cantidade de xente, de hora do día, de se alguén a está mirando ou non. Hoxendía todo iso é relativamente barato -a nivel hardware- de facer.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará