Ambassadors, unha gran serie satírica sobre a diplomacia occidental en Oriente Medio

Vin estes días con moito gusto Ambassadors, unha memorable serie de tres capítulos de BBC Two que relata a vida do embaixador e o resto dos funcionarios da embaixada británica nun remoto país de Oriente Medio gobernado por unha tiranía desde hai máis vinte anos, xa que este país imaxinario é un dos “istán” formados trala caída da URSS. O embaixador convive con outros embaixadores occidentais (francés, alemán, norteamericano…), ou debería dicir máis ben que compite. Compiten tentando venderlle armas, produtos químicos, ou buscando concesión para licenzas de campos de petroóleo e outros turbios asuntos que son os únicos que xustifican a presenza destas embaixadas nun remoto páis caucásico. Así que o noso pobre embaixador británico vai vivir as súas aventuras entre os cotilleos e o folclore de papeleo da oficina e as corruptelas caucásicas nas que é doado recoñecer anécdotas e casos que nos veñen acompañando desde a caída da Unión Soviética. Humor intelixente, divertido e moi británico.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará