O mapa da cova do dragón e o Rei durmido

Aquí e acolá atopamos retallos dunha tradición oral complexa e chea de símbolos que se foi estinguindo ao longo do XIX. O que hoxe recollemos é só un relampo do que debeu ser.

A Real Academia Galega destacaba hoxe un precioso artigo titulado “El Pico Sagro”, publicado no Semanario instructivo nunha data tan temperá como 1838. O documento é non só curioso, senón ao meu ver, excepcional, no sentido de que xenera un dos primeiros relatos excursionistas de Galicia, algo que era habitual na Europa do momento pero que aquí era un ben escaso.

Eses relatos excursionistas son unha xoia porque nos describen o territorio a través dos intereses naturais, etnográficos ou arqueolóxicos dos seus narradores. Desde este punto de vista, este documento é excepcional porque alude en gran medida á transformación e á modificación da tradición oral galega desde primeiros do XIX ata hoxendía. Se o marco xeral parece similar no relato (os mouros que viven baixo o monte), hai determinadas historias que hoxendía xa non se recollen, coma o feito de que o propio monte ou os seus habitantes extraía parte da riqueza do contorno (o viño, o cereal, o gando) a través de remuíños de vento que levaban o material para o pico, ou a vinculación cos tronos.

Pero sen dúbida, a historia excepcional é a do Rei ou aristócrata galego. Aínda que na versión que podemos ver aquí hai evidentes trazos de elaboración culta que teñen que ver, seguramente, cos autores do artigo, se o relato foi recollido máis ou menos nas súas liñas xerais, é unha pasada. Velaí está a presenza do Señor das Bestas, velaí está o simbolismo da flecha e velaí é o Pico Sacro a tumba na que durmirá o Rei ata espertar en séculos futuros, como un Artur. Este tipo de relatos, esparcidos por crónicas locais, manuscritos fidalgos, relatos complexos e longos, debían ser comúns na tradición oral galega de séculos pasados. Algo pasou no XIX que moito disto se perdeu.

Interesantísima tamén a reacción dos paisanos impedindo violentamente a marcha dos excursionistas do Pico Sagro, e sorprendente tamén o mapa que levantaron da Caverna do Dragón, a marabillosa cova vertical natural que descende pola montaña. Vaia peito que lle botou esta xente para baixar por aí no 1838.

Aquí están os textos orixinais, a primeira e a segunda follas.

6 Comments

  1. Cristobo de Milio Carrín
    28 / Xaneiro/ 2014

    Esto puede interesarte. Te cito a Alberto Álvarez Peña, “Elementos de la Antigüedad Celta en la Tradición Oral Asturiana”, artículo incluido en la obra “Pasado y Presente de los Estudios Celtas”, Fundación Ortegalia, A Coruña 2007. Pagina 249: “Gracias a Juan Lobo que recopiló esta historia en 1931 dentro de la obra “Los maestros asturianos, costumbres, historias de los hijos ilustres, instituciones escolares, poesías, folclore y excursionismo” conocemos una interesante leyenda de Bernardo del Carpio. En ella se nos cuenta que en la montaña asturiana un pastor perdió un ternero y al ir tras él lo encontró en una cueva donde había un hombre gigantesco y barbudo que le comunicó que era Bernardo del Carpio, y que llevaba años allí sin hablar con nadie esperando ser llamado para pelear por el país igual que había combatido contra los franceses en Roncesvalles. El gigante pidió al pastor que le estrechase la mano para comprobar lo fuertes que eran los hombres de aquel entonces, pero el pastor atemorizado acercó el cuerno del ternero en lugar de su mano. En el apretón el cuerno quedó reducido a polvo. El pastor huyó y Bernardo del Carpio se lamentaba del poco valor de los hombres que ya no eran como los asturianos que le habían acompañado a matar franceses.” Disponible online http://www.ortegalia.es/pdf/Pasado%20y%20presente%20de%20los%20estudios%20celtas.pdf

  2. 28 / Xaneiro/ 2014

    FAntástico relato, Cristobo!

  3. Cristobo de Milio Carrín
    28 / Xaneiro/ 2014

    Hay mas ejemplos, como el gigante Mher del folklore armenio, que espera durmiendo en la Peña Van: “Dejando aparte de momento la cuestión de la identidad de Mher con la deidad irania de su mismo nombre [Mitra], no tendremos dificultad en reconocer en su historia una variante del extendido tema folklórico del rey o héroe, dormido en lacueva de la montaña, que en la hora fijada emergerá de su escondite para salvar a su nación o al mundo. En Occidente la leyenda se ha vinculado con muchos personajes legendarios e históricos, de los cuales los ejemplos mejor conocidos son Arturo de Britania – rex quondam rexque futurus – y el emperador Federico Barbarroja. Tenemos tal vez una versión mucho más antigua de la leyenda en el relato que hizo Demetrio, el amigo de Plutarco, quien había sido enviado por el César de Roma a explorar las costas de Gran Bretaña. En una de las islas más apartadas los habitantes hablaron a Demetrio acerca de otra isla en la cual Cronos estaba prisionero, con Briareo vigilándole mientras dormía, en tanto había a su alrededor muchas deidades, que le atendían como sus esbirros y ayudantes.” http://es.scribd.com/doc/123488177/Heroe-Durmiente

  4. david
    29 / Xaneiro/ 2014

    para curiosidades disto hai na web este libro http://www.boqueixon.com/downloads/biblioteca/cova.do.pico.pdf

    e un moi raro de Guerra Campos, El Pico Sacro, 1961; que ten a favor a súa erudición

    eu escoitei iso si: a pita cos pitiños de ouro; correr a entullar o trigo para que O Pico non o levase…

    e unha pequena que eu sei escoitoume moitas veces os contos das aventuras da Princesa Lobiña e dos seus lobos, un branco e un negro, a filla da Raíña Lupa era, e eran diferentes cada noite, anque sempre había esa fonte pola que manaba azougue, a memoria deles quedou gardaba nunha arca con sete chaves… e tirou as chaves aos sete mares… que así remataban sempre… premonitoriamente habería que dicir porque hoxe non os lembro

    parabéns a Sole!!!!

  5. 31 / Xaneiro/ 2014

    Que grande sorpresa! Si que lle botaron peito para baixar aí. Férveme a cabeza en como debeu ser o encontro cando saíron da cova e toparon cos veciños. Aí quería ver eu a Indiana Jones. Férveme a cabeza co que tal se deberon dicir. Hmmm!

  6. 31 / Xaneiro/ 2014

    Pois si! Eu fágome tamén algunhas preguntas chorras pero moi cinematográficas. Como sería a lámpara coa que baixaban? Farol de sebo? Terían xa carburo? Son un ignorante neste tipo de tecnoloxías do XIX…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará