A Deputación de Pontevedra presentou este vídeo como adianto da Ruta dos Castros, que é o programa polo cal puxo en valor 16 sitios arqueolóxicos da provincia, estruturando e segmentando o discurso en cada un deles para que uns sexan complementarios aos outros, segundo o modelo de espazos arqueolóxicos como a Muralla de Hadriano, explica Rafa Rodríguez, arqueólogo da Deputación.
Desde a miña perspectiva, o vídeo narra ou presenta a Idade do Ferro galaica a partir das tendencias modernas, xogando moi ben entre o misterio e o que sabemos, humanizando e dignificando notablemente a esta cultura. Paga a pena botarlle unha ollada.
Ben dito, “galaicos”, “cultura galaica” e non enxendros como “castrexos”. Houbo unha serie de historiadores nos 90 que tentaron deshumanizar os galaicos ata limites impensables, dicindo que os castros eran romanos que os galaicos eran un invento de Roma e bestadas semellantes.
Se ademáis de promover os castros, se fai un pouco de didáctica e civismo, mellor que mellor. A imaxe (minuto 2:00) do pai e o fillo facendo a cabra enriba dos muros, poderían aforrala.
A xente andando por enriba das paredes das casas do castro podían non poñela nas imaxes ,(min. 2:00) para non dar ideas, máis que nada. Do resto, moi ben plantexado e moi digno
Temos versiom em galego?
Esta versión seica está saída do forno porque a presentaron a semana pasada en FITUR. Supoño que farán versións en máis linguas.
Concordo con Elixio e Luís, a xente camiñando por enriba das paredes non causa bo efecto ademais de dar unha idea equivocada de como visitar un xacemento. Polo demais, un video excelente, gran traballo, agora a sacala versión do país.
Para min o mello é cando din:
El pueblo galaico…crea ciudades, fortalezas, acrópolis e industrias.
Xa era hora de poña fin a imaxe de poblado chabolista dos castros.
Em castelam… brilliant…