Francisco Fernández del Riego, correspondente para América

É impresionante o peso dos artigos de prensa na tradición cultural galeguista do século XX. O século XX é un século articulista. Xa antes da xeración Nós o galeguismo decátase de que a batalla está nos medios de comunicación, aló onde estean. E comezan a escribir para medios. Hai tipos notables, algúns moi recoñecidos, como Blanco Amor, e outros de similar ou superior estatura xornalística pero menos coñecido, como Suárez Picallo. Pero aí están, na batalla dos xornais, na ágora das letras impresas.

Hoxe presentamos no Consello da Cultura Galega “Francisco Fernández del Riego. Correspondente para América“, a dixitalización dunha gran parte dos artigos que o polígrafo vigués remitiu via postal ás revistas das comunidades galegas na diáspora. Esta correspondencia foi parte dese esquema dunha Galicia global, sustentada no imaxinario e na cultura. O noso desenvolvemento web, como veredes, pasa por construír un produto que permita incorporar futuras coleccións de prensa das grandes figuras do século XX. Comunicación rápida, cultura en pequeno formato que conformou a nosa idea de Galicia durante moitas décadas.

Agardo que desfrutedes destes textos: son varias décadas de Del Riego, e nelas vese a evolución desde un nacionalismo furibundo e independentista do Del Riego mozo ata o máis culturalista e consensuador dos últimos artigos. Unha chulada: a evolución dun dos grandes defensores do país durante o século XX. Nos vindeiros meses virán máis.

Aquí podes consultar o noso traballo.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará