2014: liberdade para soñar

Faltan poucas horas para 2014. Non faremos gran festa, xa que mañán pola mañá emprenderemos unha viaxe a través de grutas, covas con pinturas rupestres, teatros de operacións onde a Historia devorou a Prehistoria, escarpes de plantígrados, viños de alta montaña e cordilleiras case infindas. Gostamos comezar o ano cunha viaxe a un territorio non moi poboado: paramos interiores, montañas, un mundo no que haxa tanto no interior como no exterior. Quero pensar nun 2014 de grandes expectativas, con liberdade para soñar en grandes proxectos e historias, rodeados dos nosos. E quero compartilo convosco. Que sexades moi felices, que os vosos proxectos se cumpran e entre todos poidamos construír un mundo mellor.

Vémonos estes días!

One Comment

  1. Luis
    2 / Xaneiro/ 2014

    Feliz Ano, Manuel, e a tod@s @s que andamos por este menú dixital. Sobre a túa viaxe, que a disfrutedes. Me parece que coas pistas que das, xa nos podemos facer unha día de por onde van os tiros… E nunca mellor dito o dos tiros (iso de teatro de operacións onde a Historia devorou á Prehistoria, é un fermoso xeito de describir “ese” lugar)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará