O correo dos lectores (3)

Xosé Carlos Calvo Ulloa envíame esta imaxe desde o seu teléfono e unha concisa mensaxe:

Rematei Vento e Chuvia. Que bo momento me fixo pasar. Moitas grazas, nunca tanto, como en estes tempos, precisamos de mitos e heroes. Por certo, Xerais sacou alá polo ano 87 unha preciosa colección sobre mitoloxía celta, viquinga e grega; eu teño o da celta que gardo coma un tesouro, co teu ao carón.

Xosé Carlos deu no cravo coa comparación. Eu creo nos libros -e na cultura en xeral- como unha secuencia, no que hai elementos que deben estar conectados entre si de forma consciente ou inconsciente. Cando rematei Vento e Chuvia, inmediatamente pensei en Edicións Xerais para editar o libro. Eu tamén lera de cativo esa colección marabillosa de mitoloxías europeas, pero tamén africanas e americanas, e sentira de algún xeito a ausencia do noso. É moi posible que a estrutura do libro, e o propio concepto, teña que ver con marcar unha continuidade con esta colección, con completar un baleiro ou unha ausencia nalgo no que moitos sentiamos que debiamos estar.

Por iso emocióname que outra xente se decate, faga e mesmo aplique nos seus andeis o mesmo criterio.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará