A comer e a beber!, un delicioso libro de Guillaume Long

comer_beber¡A comer y a beber! recompila as viñetas que Guillaume Long, un gastrónomo trintañeiro, publicou en Le Monde nos últimos anos. Apaixoanme estes receitarios e historias de vida en BD centrados na gastronomía: abren un mundo de posibilidades expresivas que se usan moi poucas veces (ben é certo que poucos saben debuxar con talento). Este ¡A comer y a beber! é divertido, cun punto infantil e irónico, con apetencias para rirse de si mesmo, estas viñetas son unha colección de receitas en formato bd, críticas de restaurantes, viaxes con apetencias papadoras e análise de produtos e de prácticas culinarias. Divertido, fresco, inesperado e curioso, este álbum de bd é un gran agasallo de Nadal para gastrónomos caseiros.

Grazas, Sole!

One Comment

  1. Sampedro
    13 / Decembro/ 2013

    Onde dis que se ponde ver estas series? Teñene moi boa pinta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará