Vento e Chuvia: presentación por videoconferencia á diáspora galega o luns 9 ás 20:30 h. (hora galega)

A nosa vindeira presentación non será física, senón virtual, porque vai dirixida a un público moi importante, a un público moi esquencido na práctica. Vai dirixida a todos os nosos compatriotas que se atopan na emigración. Ás vellas xeracións que marcharon no século XX e, as que a min persoalmente me doen máis, ás xeracións de xente nova, preparada e disposta, que o país botou fóra por falta de oportunidades durante estas dúas décadas. O máis terrible é que esta nova diáspora está a ser negada polos nosos gobernantes. Ao ser unha realidade negada, este importante colectivo de cidadáns observa coma o seu goberno nega axudas ou políticas para cambiala.

Isto é o que digo na páxina desde a que se realizará o evento:

“Galicia non é só o territorio da comunidade autónoma. Galicia é unha comunidade lingüística e cultural estendida por todo o mundo. E non só é a emigración clásica, senón toda a nova diáspora que está sacando do noso país a moita xente nova. Parece que cando se marcha do país, xa se perde o vínculo coa actualidade cultural, pero négome a iso: quero que Vento e Chuvia sexa tan parte dos que están fóra como dos que aínda ficamos dentro. Velaquí que convocamos esta presentación de Vento e Chuvia, realizada en directo a través de Youtube con Google Hangout, que poderás seguir desde esta páxina.”

Aquí tedes toda a información:

E esta é a páxina oficial desde onde faremos a retransmisión. Tamén tes o evento de Facebook para enterarte de todo o relativo a esta presentación e consultar dúbidas. Non teño moitas redes persoais na emigración, así que pregaríache que o difundas entre os teus coñecidos na diáspora, porque isto é para eles. A miña capacidade persoal de difusión no exterior é bastante limitada.

4 Comments

  1. isaac
    2 / Decembro/ 2013

    Supoño que xa estarás informado, pero de non ser así, comentarche que no suplemento de onte do “Faro de Vigo” publicaron unha reportaxe a dúas follas do teu libro.

  2. 2 / Decembro/ 2013

    Si, si, Isaac, ben o sei. Grazas polo aviso igualmente. :-)

  3. tal
    5 / Decembro/ 2013

    A verdade é que com «hora galega» esperava que fosse a mesma que a de Londres…

  4. 5 / Decembro/ 2013

    Por desgraza aínda non, Tal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará