Deuses desaparecidos…de todo?


Foto: Sole

Cando comecei a traballar no concepto de Vento e Chuvia fun facendo unha enquisa ao chou. Cantos nomes de deuses galaicos coñeces? Agás os moi postos na materia divina ninguén era quen de dicir un só nome de deus da Idade do Ferro, ou como moito un par deles. Sen embargo, nada hai como meterse nun tema para comezar a velos por todas partes. Non marcharon de todo.

Quen lle ía dicir ao deus Coso que ía acabar como marca dun comercial agrícola de Zas! En Brandomil, entre as numerosas aras aparecidas, unha delas estaba adicada a este deus da guerra, moi frecuente na costa occidental galega, que en Vento e Chuvia unificamos no seu nome como Cossue. Así que o propietario de Comercial Cosus aproveitou este motivo local para exhibir con orgullo, na súa marca, a fermosa ponte de Brandomil e o deus que apareceu ao seu carón. A vella identidade desta vila da que nos queda tanto por saber.

Lembra: este mércores 30 presentamos na Igrexa da Compañía o proxecto Vento e Chuvia. Ás 20 h.

One Comment

  1. uobeando polo val
    29 / Outubro/ 2013

    asinque vas vir a presentacion do proieto “vimianzo: terra e mar “, genial xa nos veremos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará