Un drama para o noso patrimonio: hoxe levaron o tesouro de Álvaro Gil do Museo de Lugo

Last updated on 25 / Outubro/ 2013


Torques de Burela, a peza máis emblemática da colección

Non o van ver en case ningún medio de comunicación galego, de tan localistas que son, pero hoxe pola mañá en Lugo viviuse un episodio gravísimo e vergoñento: unha furgoneta, un voceiro familiar, un notario leváronse a colección que o filántropo Álvaro Gil cedera ao Museo Provincial. Unha serie de importantes cadros de Corredoyra pero, sobre todo, 40 marabillosas pezas de ourivería prehistórica entre as que sobrancea o Torques de Burela ou -se o miro desde a miña terra- o misterioso colar dos Chaos do Barbanza. O delegado de Cultura da Deputación convocou unha rolda de prensa para informar que era o que ofrecía a entidade aos descendentes de Álvaro Gil: 2.350.000 euros pola colección de ourivería e 600.000€ das costas do longuísimo proceso xudicial que rematou por confirmar a propiedade do tesouro á familia. A oferta non é unha coña, porque é hipotecar os orzamentos de Cultura da Deputación por anos, pero non lles pareceron abondos millóns á familia. Total: unha significativa perte do noso patrimonio prehistórico máis valioso marchou nunha furgoneta non sabemos onde. E polo legal.

O asunto é terrible, é gravísimo, outro golpe máis en xeral ao noso estado de ánimo, e o que me abraia é que isto non estea no debate público. Imaxinen que levan o tesouro de Recesvinto do Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid, a Victoria de Samotracia do Louvre, o busto de Nefertiti do Neues Museum ou as cartas de Vindolanda do British Museum. Con independencia de razóns legais e éticas, isto nos debe facer reflexionar e, sobre todo, debe facer pensar en como deben ser recuperados para Galicia estas valiosas testemuñas da nosa Historia.

Máis información en La Voz de Galicia Lugo e en El Progreso

16 Comments

  1. 24 / Outubro/ 2013

    Por desgraza, cómese perfectamente, Marcelo. Un BIC non significa expropiar o ben, senón poñer sobre el determinado tipo de protección e garantías. Facer a colección BIC non a vai restituír ao museo.

  2. 24 / Outubro/ 2013

    No meu Facebook, Gustavo Adolfo Garrido deixou nun comentario o que creo que é a clave de todo isto. Reproduzo o seu comentario.

    “Ollo que isto é tamén un toque de atención. Canto patrimonio, de maior ou menor valor, está en precario en institucións públicas e privadas do país, como estaba este? Entre a xenerosidade dos mecenas e a excelente disposición dos representantes políticos moito patrimonio vai e ven con escaso (ou ningún) apoio documental xurídicamente válido. Parece un estigma racial: pechar os acordos na calor dos abrazos emocionados. Certo, pode ser válido en vida do mecenas pero non deixa de ser unha quimera cando existen descendentes. Mirade, se nón, a sentenza (http://bit.ly/16yfNqW).”

  3. 24 / Outubro/ 2013

    Pasa outro tanto coa colección de Maside do museu de Vigo.

  4. RuAn
    24 / Outubro/ 2013

    Triste, moi triste esta nosa realidade.

  5. Xosé
    25 / Outubro/ 2013

    A metáfora perfecta, definitiva, sobre o qué son Galiza e os galegos. Un ¿país, comunidade autónoma, rexión? (xa nen iso) MORTO e uns ¿habitantes? canceríxenos para a nosa Terra. Así veña dunha puta vez un meteorito, cona xa!

  6. Lucense
    25 / Outubro/ 2013

    ¿Y alguien va a dimitir después de la desastrosa gestión de este tema? Lo dudo mucho.

  7. soneira sound
    25 / Outubro/ 2013

    pois polo parne que lles ofrendaban , ainda che votaba eu uns oubeos o longo e o ancho do val, ondia senon.. en dolby system.

  8. CUBELIÑOS
    26 / Outubro/ 2013

    A TERRA PIDE POVO…. E non temos povo….temos xente!!!!!
    Vergoña, moita vergoña!!!!!!

  9. 27 / Outubro/ 2013

    Por petición de Abal Piñeiro, en 2010 a Deputación de Pontevedra autorizoulle ao Atranco un embarcadeiro. O Boletín Oficial de Pontevedra especifica que a obra non debe “impedir o paso pola zona de servidume”. Porén, podese comprobar que toda finca está valada, violando a liberdade de paso que a Lei fixa para a beira de todos os ríos. De feito, a finca non só ten unha cancela todo ao redor, senón tamén está vixiada con cans e cámaras de seguridade.

  10. Doeixo
    1 / Novembro/ 2013

    Agora entendo porque a “xustiza” lle regalaba o noso patrimonio aos boitres eses. Resulta que o maior torques de ouro atopado en Galicia non está declarado coma ben de interés cultural. Non é creíble que en máis de 60 anos a ninguén se lle ocorrese declaralo coma tal. Esto só pode pasar neste país de caciques de merda. Se esto chega a pasar en Cataluña ou Madrid, fai tempo que tiñamos as fotos destes expoliadores nas primeiras planas dos xornais ou alguén pon en dúbida que unha presión social coma deus manda houbese conseguido que as negociacións chegasen a un bo final.

  11. Luís Magarinhos
    1 / Novembro/ 2013

    O que não entendo é como a dia de hoje ainda não existe um museu arqueológico (ou o nome que seja) nacional galego bem gestionado e com orçamento suficiente. Se para algo pode servir o mausoleu do Gaiás é para algo como isso… Estas cousas não podem ficar em mans da Deputações Provinciais pois fazem parte do acervo artístico mais importante a nivel nacional galego.

  12. Pedro Bravo
    2 / Novembro/ 2013

    O assunto é difícil. Meio país está com a família. Suponho que não se expropriou para evitar danos maiores… Por outro lado, com o que é propriedade se pode fazer o que se queira (sempre que não se causem danos diretos a terceiros): expatriá-lo, ocultá-lo, dividi-lo, fundi-lo,,, Haverá que estam atentos a ver quem oferece mais.

  13. Luis Magarinhos
    7 / Novembro/ 2013

    Assina polo retorno a Galiza e a sua exibição pública do Torques de Burela e o Tesouro de Álvaro Gil: http://chn.ge/16IOEEV

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará