Non sei se neste caso concreto débese á crise económica, pero o certo é que nos últimos meses están a aparecer viños da Ribeira do Douro, con barricas de seis a doce meses, de moita calidade a un prezo modesto. Tralo boom económico e os efectos Parker que inflaron desmesuradamente os prezos dos viños de denominacións como Priorat ou Ribeira do Douro, agora é un bo momento para redescubrir a gran calidade destas terras castelás para o viño a prezos interesantes. Recoméndovos moitísimo este Momo 2009, elaborado esencialmente con tempranillo con toques de cabernet sauvignon e merlot: un viño de certa complexidade, aínda moi vivo, moi doado e amplo de beber, a un prezo imbatible. Téñoo visto entre 7 e 8 euros por aí. Paga ben a pena.
No Hipercor haino, por exemplo.