Os críticos gastronómicos do New York Times contan o seu oficio

Como poñer as estrelas dun restaurante? Neste especial do New York Times no que os críticos gastronómicos do influínte xornal relatan o seu oficio e as súas curiosidades, desvélase un método. Un crítico compara poñer estrelas a un restaurante a canto falas dunha peli que acabas de ver cun amigo mentres estas ceando no que reservaches para despois da proxección…”se falas máis da peli que da comida que tes diante, pois só unha estrela (o New York Times concede un cualificación máxima de 5 estrelas”, afirma divertido. Cambios de vestimenta e de apariencia se teñen a desgraza de seren coñecidos fisicamente mentres exercen, seudónimos para as reservas (un deles vai escollendo apelidos de escritores da súa biblioteca) pero que teñen serios inconvintes: “esquéceste dos seudónimos e cando chegas ao restaurante e te preguntan polo teu nome ficas en branco”. A identidade é o asunto máis coñón, por iso o crítico gastronómico actual prefire aparecer camuflado tras das páxinas da súa sección.

Aquí pódese ver o especial.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará