Heaney e os libros lidos de pé

Lin a Heaney moitas veces como un trebón. Líao de pé. Na miña biblioteca, dous libros estaban aí, aliñados co resto. Eu pasaba, pensando noutra cousa, pero algo facíame parar. Co dedo extraía un libro e lía un poema e durante un momento, o mar quedaba calmo, como cando o vento marcha ao solpor. Logo volvía o libro ao andel e eu seguía correndo. Así lin eu a Heaney. A despedida que vai aquí, con todo, é a dedicatoria que Ferrín lle adicou en Estirpe:

I would wish this book,
Certainly for him
Enigmatic,
Ranged in Seamus Heaney’s
Library,
Far at the Irish, bloody, dark
Bogside.
The sweet, rotten roots
Of all the lands’ ends
In the bone-layered, western
Death Republic,
Are our common ones:
My soul is now the Burren.

E aquí vai o seu discurso cando foi investido doutor honoris causa da Universidade da Coruña, falando de Galicia, Irlanda e o universo mítico atlántico. Paga a pena escoitalo (está subtitulado):

7 Comments

  1. chesmanei
    3 / Setembro/ 2013

    Aínda que escape un pouco do tema do post, non me resisto a facer unha pequena pregunta: magago, ou algún outro lector espelido, alguén sabería dicirme que melodía é a que enceta o gaiteiro irlandés? Parece que quedei encantado con ela! Grazas irlandófilas!

  2. 3 / Setembro/ 2013

    Oes, pois é moi interesante sabelo. Eu son un ignorante en materia musical, pero gustaríame coñecer tamén o nome da melodía!

  3. chesmanei
    4 / Setembro/ 2013

    Seguro que haberá algún melómano ou melómana que pase por este teu sitio de saberes e sabores… Por certo, parabéns polos dous lustros, e máis éxito para o futuro.

  4. Anónimo
    5 / Setembro/ 2013

    O gaiteiro é Liam O’Flynn, e a melodia é umha melodia tradicional galega (das muitas que este homem tem interpretado nos seus discos), conhecida como “Umha noite no Santo Cristo”.
    http://www.youtube.com/watch?v=mg2RISYW1lE

  5. 5 / Setembro/ 2013

    Moitas grazas!

  6. Ulmo de Arxila
    5 / Setembro/ 2013

    Nom se merecem :)

  7. chesmanei
    6 / Setembro/ 2013

    Grazas tamén!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará