Leme, unha ferramenta para explorar a cultura galega

Last updated on 24 / Xuño/ 2013

Hoxe pola mañá presentamos no traballo Leme, unha potente aplicación móbil que desenvolvimos para tirar rendimento das nosas bases de datos con información xeográfica e para facilitar a integración entre os intereses culturais dos cidadáns e da institución. O funcionamento e obxectivo de Leme é moi sinxelo: permitir que ao teu redor “vexas” os equipamentos e recursos culturais existentes. É dicir, Leme non só ofrece información de patrimonio cultural (castelos, igrexas, cruceiros… que sería o máis habitual, senón descricións detalladas de todo tipo de equipamentos e servizos culturais, desde auditorios e teatros ata salas de informática de asociacións culturais. Os seus potenciais usuarios son, polo tanto, desde profesionais da cultura ata amantes do patrimonio e turistas locais.

Leme está deseñado para integrar moi facilmente fluxos de datos de terceiras partes, xa que a vontade do CCG é compartir o uso desta aplicación con toda a sociedade, non só receptora, senón creadora de contidos; cidadáns ou entidades públicas e privadas que poden aproveitar esta plataforma para difundir os recursos culturais da súa comunidade ou territorio, obtendo ademáis tráfico directo e contextual aos seus sitios desde os elementos que lle interesan ao usuario. Iso si, teñen que ser recursos sen ánimo de lucro (non se inclúen restaurantes, nin tendas, etc.) Aquí podes consultar as condicións. Asímesmo, tamén os usuarios poden subir novos recursos culturais, marcar aqueles que prefiren, compartilos e xogar con puntuacións en función da súa actividade en Leme.

Por agora, Leme publícase en iOS, para os dispositivos Apple. É a primeira aplicación móbil como tal coa que experimentamos no CCG e agardamos aprender do feedback dos usuarios para mellorar unha nova versión, que tamén estará dispoñible para Android en outono. Leme é gratuíta e pódese descargar aquí. A aplicación foi desenvolvida por Taptil.

4 Comments

  1. sara hj
    20 / Xuño/ 2013

    Boas!

    Nom há opçom de descarrega-la em Android?

    Obrigada

  2. sara hj
    20 / Xuño/ 2013

    Vale, vale já o vim!em outono! ;p

  3. 20 / Xuño/ 2013

    Íache responder! :-)

  4. Ramón
    25 / Xuño/ 2013

    Parabéns pola iniciativa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará