Unha lenda doméstica de Corcubión: Os frades no espello

En Capítulo Cero somos moi fans das lendas domésticas, esas lendas enganchadas nos recunchos dos pazos e das vilas burguesas; lendas que perpetúan as lendas familiares. A través destas pantasmas, as casas como tales, como expresión da familia, cobran vida, perpetúanse no tempo. É como un vínculo que une maxicamente xeracións. Esta é a que chamo segunda tradición mitolóxica de Galicia: algo que nos conecta con estas mesmas historias de vellos caseróns pola Europa atlántica. Están condenadas a desaparecer sen poderen seren recollidas decentemente. Desaparecidas como as familias fidalgas e burguesas que non as valoraron.

O outro día pedinlle ao historiador de Corcubión Alejandro Lamas que nos contase a lenda da súa vella casa burguesa da rúa real de Corcubión. Nun salón do século XIX, con toques orientalizantes moi ao gusto da época, Jano contounos unha fantástica lenda vinculada á súa familia. Unha historia de barcos, naufraxios e frades pantasmas…Poucas destas veredes gravadas en vídeo, en galego. Quero agradecerlle a Alejandro Lamas a súa inmensa xenerosidade.

2 Comments

  1. teu pai
    16 / Abril/ 2013

    de estas lendas tes a escoller en Palmeira con tanto navegante morto

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará