O Rego dos Muíños, unha sorpresa na Costa Norte de Malpica


Fotos: Sole / Gago

Cando un pensa que coñece todos os puntos populares dun territorio como é a Costa da Morte, o pracer enorme é descubrir lugares novos dos que ninguén no teu círculo nunca te falara. Este é o caso do Rego dos Muíños. Estaba preparando na casa un roteiro pola costa norte de Malpica, para ver algúns elementos que me interesaban, e de súpeto distinguín un río que caía ao mar e unha chea de muíños de río que se apiñocaban na ribeira do mar. Chamoume tanto a atención que fumos ata alí.


(clicka aquí para ampliares o panorama)

O Rego dos Muíños debe ser un lugar ben coñecido na zona de Malpica. O acceso, por pista de terra, está ben sinalizado, pero leva a un enclave basicamente marabilloso, onde conflúe un dos elementos máis recurrentes da nosa arquitectura tradicional, o muíño, o pequeno muíño das zonas occidentais de Galicia que aproveita un regato de caudal medio, cun espectacular litoral aillado de cantís e furnas batentes. Cando chegas alí móveste entre estas furnas, o rego cae o mar como unha pequena fervenza e algunha destas pequenas casoupas muiñeiras parece desafiar directamente aos trebóns do mar.

Localización do Rego dos Muíños

8 Comments

  1. Nemigo
    30 / Marzo/ 2013

    e os muiños funcionan? pódense ver?

    pode ser que sexan propiedade da deputación?, algo me soa eso

  2. 31 / Marzo/ 2013

    A min pasoume o mesmo cando o descubrín por casualidade, e hoxe voltoume a pasar cando redescubrin con mais calma outro sitio moi costa da morte deses que por desgracia xa non quedan, e a aldea do roncudo, parece talmente que se quedou ancorada a principios do seculo vinte.
    Está nas aforas de corme http:/poligonodevite.blogspot.com.es/2013/03/a-aldea-perdida-do-roncudo.html

  3. 31 / Marzo/ 2013

    Nemigo, non sei de quen son propiedade. Tiñan as portas pechadas, así que non te podo dicir como estaban de maquinaria.

    Xose, pois esa aldea é unha pasada, eu tamén batín con ela un día por casualidade. Aínda debe vivir algunha señora nela, pero certamente a súa configuración arquitectónica quedou tal cal.

  4. Elixio Vieites
    1 / Abril/ 2013

    Mira que puxen días para ir aí ,e sempre se mudou o obxectivo. A costa da Morte é o que ten, que pasmas en calquer lado coma unha vaca mirando un tren. Nesa zona sempre me chamou a atención a aldea de nome “Pasacondía”, ao sur de Ardeleiro. Que pasaría aí….?

  5. Elixio Vieites
    1 / Abril/ 2013

    Agora que caio na conta, ao mellor sería porque está entre o dolmen da Pedra da Arca e o Castro de Aldeola.

  6. Anónimo
    1 / Abril/ 2013

    Moi bonito pero pasa traballar

  7. odiegho
    2 / Abril/ 2013

    Un novo apuntamento na lista de visitas pendentes…. as fotos lembráronme aos extraordinarios muíños de Estaca de Bares… sen dúbida as fariñas destes muíños eran especiais, levaban a salitre do mar na ialma.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará