Unha historia de Irlanda en 100 obxectos

Isto é ben interesante. Trátase da publicación interactiva Unha historia de Irlanda en 100 obxectos, que está dispoñible para a súa descarga gratuíta en iPad, iPhone, Kindle Fire ou tablets de Android. É unha iniciativa da presidencia irlandesa da Unión Europea canda a Royal Irish Academy, The Irish Times ou o Museo Nacional de Irlanda. O obxectivo é presentar a evolución de Irlanda ao longo da historia a través de 100 magníficos obxectos (non se perdan a selección de finais do XIX e do XX, un pote e unha maleta), acompañados de material multimedia e textual que permiten profundizar nas épocas e significados. Presentado por Fintan O’Toole, un coñecido crítico e xornalista irlandés, a colección seleccionada explora e bascula a noción de illamento/particularidade local/ intercambio do resto do mundo, como é frecuente nos discursos das periferias atlánticas.

Atención, a descarga é gratuíta ata o 31 de marzo. Podes baixar o libro aquí.

(vía Archaeoetnologica)

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará