O Bico dos Xentís, ou a diversidade das fortificacións en Galicia


Dúas imaxes LIDAR do Bico dos Xentís

Descubrín o Bico dos Xentís desde patrimoniogalego.net, e chamoume a atención desde o primeiro momento. Esta fortificación, ubicada nun terreo montesío preto da aldea de Serramo (Vimianzo), non só tiña un nome tremendamente suxestivo, senón que outros topónimos representados en cartografía, como As Cercas, incidían na súa antigüidade ou na súa morfoloxía, desde logo, pero non o describían precisamente como castro. Aínda que obviamente isto non son reglas da física, eu sempre digo que a toponimia é unha ferramenta de alta precisión, e se non parece indicar que non é un castro…pois é moi posible que non o sexa. Tal cuestión é moi suxestiva, porque implica que a adscrición do termo “castro” a determinado tipo de xacementos foi feita cando o recordo do lugar seguía moi vivo entre as xentes.

Aló nos fumos. O lugar, fascinante, nun cordal ventoso, pertencería á categoría humorística definida polo amigo Xosé como ‘castrimotas’. Dito doutro xeito, a súa poliorcética defensiva non se aproximaba a un castro, pero tamén non saberiamos onde ubicala. Dous espectaculares parapetos circundan a base dun outeiro pedrugallento, sen foxo exterior. Arriba, hai unha superficie mínima de hábitat, sen muralla aparente (hai moitísima maleza) aínda que parece que contra o lado noroeste pódense observar a base de estruturas pétreas. Unha antena de telefonía móbil coloniza a plataforma.

Se me din de que época pode ser este xacemento, non sabería precisarllo. Non parecía exactamente medieval ou tardoantigo (faltarían elementos como a tegula ou a tella, pero teño estado en sitios arqueolóxicos da época que tampouco os presentan, alomenos en superficie). Desde logo non parece un castro da II Idade do Ferro (falta pedra, falta superficie), malia que tampouco da primeira. Nos castros, as murallas desenvolven polifuncións, funcións orgánicas: valen para conter unha superficie aterrazada, para integrarse dentro do contorno urbano, etc. Aquí as murallas teñen unicamente unha función defensiva exterior e están claramente separadas da zona ‘residencial’, no ámbito superior.

Podería ser unha estraña fortificación do Bronce final? A existencia deste tipo de xacementos -ás veces comúns nas illas británicas, pero tamén no Mediterráneo- é tan suxestiva como ausente, xa que outra volta, non se localizan materiais que o confirmen. A penas temos rexistros sobre algo similar en Galicia. O que nos introduce aquí o Bico dos Xentís é o pouco que aínda sabemos sobre o noso pasado, e como existe unha diversidade impresionante de xacementos que fan pensar en todo o que nos falta por saber. A prudencia fainos mover esta fortaleza nunha marxe de dous mil anos de historia, nada menos.

15 Comments

  1. Nemigo
    10 / Marzo/ 2013

    a foto que se ve en patrimonio galego non parecen dunha antena de telefonía móbil, (tampouco se ve ningún poste eléctrico imprescindible nunha antena de telefonía móbil) habería que ver unha foto máis de preto. Parece unha antena de meteoroloxía, se ten paneis solares é meteorolóxica

  2. 10 / Marzo/ 2013

    Creo que é de telefonía. O suministro eléctrico chégalle por cabo desde outra máis abaixo.

  3. vimiansso oubeo
    10 / Marzo/ 2013

    non estou seguro pero si esta moi perto do nucleo rural de serramo, practicamente pegado, creo que son os restos dunha antigua torre medieval, de feito cerca de ali apareceran uns tuneles tapados con formigon pola anterior corporacion ante o desinterese e a molicia da administracion da xunta ou patrimonio, o actual pazo do comareiro estaria feito con parte da pedra de esa torre , eso si sempre que sea o terreo que esta pegado o nucleo de serramo.

  4. 10 / Marzo/ 2013

    Vimiansso oubeo, non, creo que te refires efectivamente a uns restos románicos, un dintel e cousas así, que están efectivamente moi próximos á aldea de Serramo, nun pequeno alto, e hoxe incorporados a unha vivenda e unha granxa. Ten toda a pinta ese edificio medieval de estar alí mesmo in situ. O cal é interesante, porque está no camiño de subida ao Bico dos Xentís e iso revela certa predilección das fortificacións por poñerse nesa beira.

  5. Elixio Vieites
    10 / Marzo/ 2013

    A min tráeme recordos do Coto Ferreira en Rois, con plataforma moi pequena para ser Castro e defensas concéntricas(ver foto de Pendentes Lidar e Voo americano, na segunda foto da ficha) http://patrimoniogalego.net/index.php/28956/2012/11/coto-da-ferreira/. Ten veciños aos castros de Agrafoxo e Casal de Poño.
    E ultimamente téñolle o ollo botado ao castro da Torre (en A Torre, Sarces, e moi cerca do achado de Castrelo en Soesto cando a construción da estrada que vai a Laxe.Botádelle unha ollada, está pola parte de arriba do mapa, en Castro, o pxom recólleo como topónimo e aínda creo que no engade formalmente. http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0043A-0508.pdf (en Castro)

  6. Karl
    10 / Marzo/ 2013

    Non se invasións non teríamos moitas, pero esta terra está chea de muros. Contra os ladróns e bandidos? Madeus, é que toda a Galicia Occidental está ciscada destas fortalezas ocultas?

  7. Karl
    10 / Marzo/ 2013

    Chámase popularmente o Bico dos Xentís ou Bico dos Xentiles? iso tamén é interesante sabelo. Grazas

  8. 10 / Marzo/ 2013

    Non che sabería precisar ese xentís/xentiles, Karl. Como hei volver por aló por outros asuntos, preguntarei.

  9. 10 / Marzo/ 2013

    Elixio, a min recórdame máis Coto da Ferreira que o castro da Torre (que ten tamén unha pinta ben interesante).

    Onte estiven precisamente preparando un roteiro que anunciaremos mañá cunha presentación de Herdeiros pola Forza. É unah fortaleza posiblemente dos século VIII-IX, estilo ‘lugués’, nas proximidades de Pambre. Digamos que era o tataravó do castelo de Pambre. E para conseguir ‘vela’ custou deus bendito.

  10. 10 / Marzo/ 2013

    Por certo que acabo de flipar. Púxenme a mirar o que comentara Vimianso Oubeo máis arriba e, efectivamente, ao sur do núcleo de Serramo está unha clarísima estrutura defensiva, asociada ao topónimo As Torres, que podedes ver aquí:

    A coña é que ten certo parecido co Bico dos Xentís, que está a ben pouca distancia, alomenos na súa conformación circular e na existencia de dúas murallas. Parece haber algo raro tamén no alto do monte do Comareiro, pero aí xa non estou nada seguro. Se alguén subiu ata alá arriba e casualmente pasa por aquí, que informe, plix. :-)

  11. Pepe B. Albores
    11 / Marzo/ 2013

    Cerquiña dalí no lugar do Comareiro hai restos dunha torre medieval.
    O famoso tunel está un pouco máis abaixo da fortificación que sinalas, en dirrección a Baíñas, xusto antes da ponte.

  12. vimiansso oubeo
    11 / Marzo/ 2013

    lastima do finamento de roberto mouzo, que por datos contrastados non habia de quedar…cicais domenech o de treos sepa algo, a ver si un dia o atopo e lle pregunto

  13. Pablo
    3 / Abril/ 2014

    Me parece muy interesante lo de las “castrimotas”! Joooer tio, veo que tenemos los mismos intereses! . Parece que nos vamos pisando los talones, a ver si nos encontramos un día por el medio del monte!

    A mí me ha dado por especializarme en Sidh’s y entender el factor de localización de las necropolis ,para encontrar ubicaciones inéditas. De todas formas como tb te gustan los castros y fortalezas ahí va esto : ¿posible gran túmulo ,castrimota, o formacion natural? las vacas me lo impidieron averiguar y tuve que sacar fotos con zoom… pero en verano cuando las quiten volveré a atacar…
    A ver si acertais donde está , una pista: el topónimo mas cercano es celta de pura cepa y hace referencia a “fortificación”.

    http://youtu.be/3lsxOXO87Lo (es la 2º formacion señalada en el vídeo, la 1º es un castro conocido y ya catalogado)

  14. 4 / Abril/ 2014

    Ten boa pinta, pero habería que vela! Está en plena ‘zona cero’ desa comarca de Montes/Tabeirós, nas que hai unha boa cantidade deles. Son unha modalidade de fortificacións medievais do tipo fondo de val, ubicadas moitas veces nas proximidades dos ríos. Nesa zona tes unhas cantas! :-)

  15. Pablo
    5 / Abril/ 2014

    Estaba georeferenciando unas mámoas cuando lo ví.El lugar se llama Abragán. Me pareció un túmulo grande pero para ser una mamoa debería ser muy muy grande, más que A Mota Grande ,debería ser casi como Knowth!… :-D Ademas el lugar recuerda a la curva del río Boinne y todo: http://www.earthrites.org/turfing2/uploads/knowth-boyne.jpg y tb al enorme dolmen de Lácara, en la curva del río Lácara .

    Ya sería la leche que en Galicia debajo de una de estas “Motas” ,aparentemente naturales ,apareciera inédito un gran dolmen como estos. Son tan grandes que encima de Knowth incluso hubo un castro de la edad del hierro,una fortaleza medieval y no descubrieron lo que habia debajo hasta el siglo XVII. y con Newgrange algo parecido.

    Pero desgraciadamente yo apuesto por lo mas fácil que es una formacion natural. Aunque tengo mis dudas porque a media altura sobresalen un poco unas piedras en vertical muy extrañas… tengo alguna foto desde lejos porque hay un pastor electrico y no pasamos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará