La aventura del saber: as claves dos megalitos do Barbanza

Moi interesante esta peza de divulgación arqueolóxica difundida en La aventura del saber. Trátase dunha explicación do significado e función dos dólmenes e mámoas a través de exemplos da arquitectura da paisaxe na serra do Barbanza. O arqueólogo Felipe Criado, do Incipit (CSIC) e o seu equipo dan conta destas relacións. Dous elementos son para min dos máis interesantes: a) o xeito de recuperar a identidade visual dos túmulos na paisaxe a través de sinxelas lonas brancas, e que permite comprender moi ben a teoría dos túmulos como marcadores das vías de tránsito; b) a magnífica historia, que descoñecía, de como as coirazas dos túmulos teñen dúas partes, a que mira a oriente, na que se acumulaban os brillantes seixos brancos, e a que mira a occidente, na que se acumulaban as pedras oscuras. Paga a pena darlle unha ollada. A partir do minuto 13:55.

10 Comments

  1. Nemigo
    1 / Marzo/ 2013

    é evidente que as mámoas e os túmulos megalíticos están situados en camiños ou lugares de paso. Moitas delas son marcos aínda hoxe en día. Que vivise alguén preto deles é algo máis que curioso. Suponse que buscarían lugares de fácil defensa e protección. As mámoas soen estar en lugares moi á vista e en chairas. Tamén deberon ter unha función de vínculo cos mortos. A ver quen ía vivir preto dun lugar sagrado. Nin hoxe os vellos queren achegarse a estos lugares.

  2. carlos
    3 / Marzo/ 2013

    Tiven unha inmesa potra de faser o recorrido co home que sae no video e mais de Leonardo Garcia Sanjuan , despois de faselo moitos sentos de veses? , e por primeira ves cobrou pra min sentido todo o que hai alo enriba….e claro que é evidente o que di Nemigo…despois que o home que sae no video fose dos primeiros en sinalalo….

  3. Nemigo
    3 / Marzo/ 2013

    @Carlos
    e explicouche ese home de onde sacou a súa teoría da cor e a orientación?
    penso que na escavación da chousa nova en silleda atopara algo o CSIC de eso

  4. 5 / Marzo/ 2013

    Nemigo, tes unha boa cantidade de bibliografía dese home, incluíndo unhas cantas memorias de escavacións de mámoas; publicadas co seu nome e apelidos, por certo.

    Na Chousa Nova apareceron diferentes gradacións de cor, pero dentro do túmulo.

  5. Luis
    5 / Marzo/ 2013

    Non sei se no seu día o miraron, pero deixo aquií o link a un documental emitido na 2 sobre a cultura castreña (ou legado celta, coma dí o título). Gastaron máis cartos que de costume e quedou ben, penso. Xa non está disponíbel na web de TVE, pero por sorte sí en youtube:

    http://www.youtube.com/watch?v=J4Ic-tHl9nQ

    Saudiños

  6. Nemigo
    5 / Marzo/ 2013

    o documental do legado celta é moi chusco. Vense urbanizacións e ata eucaliptos. Tamén falan dos petroglifos da bretaña francesa

  7. carlos
    5 / Marzo/ 2013

    Amigo Nemigo , creo que falaba con “conosemento de causa” o ser un dos que as escavou e estudou…e cando non habia pistas para subir ó Barbansa , amen a dos americanos …..

  8. carlos
    5 / Marzo/ 2013

    Cona olvidavaseme (cousas da edá) , subin con “amigos de lo arqueologico” e tiñan menos saber que os habitantes da serra , subin con tecnicos e valjame dios ….e subin con outros arqueologos , si deses que critican ….e carallo como se apejaban as susoditas teorias do home do video…..ah e como di D. Manuel publicadas!!!!!

  9. Luis (o outro)
    5 / Marzo/ 2013

    Hoxe abrín unha botella de albariño para o xantar. Paiseme un poco, o recoñezo. Cando entrei na web, non me constaba que hoxe deixara comentario algún sobre este tema; pensei que a cabeza xa me xogaba malas pasadas. Pero nunca está de máis atopar un tocaio no foro ;-)

  10. Marco
    8 / Marzo/ 2013

    Moi moi moi interesante. O mundo dos vivos e o mundo dos mortos. O nacemento do día e o solpor. As mámoas orientadas ó solsticio de inverno. Os cruces de camiños. O cuarzo. Coido que esta xente era máis espiritual do que coidamos, e a espiritualidade e a conexión coa terra e a luz (o sol) dirixían as súas vidas. E con todo isto, eran máis terreais do que somos nós hoxe en día: mandados polas regras das relixións nun mundo iluso.

    A arqueoloxía amosa neste vídeo que a espiritualidade ten unha aplicación práctica. Neste sentido, gustariame compartir un par de cousas.

    O uso da luz coma forma de dividir o universo ten moito sentido cando miramos por exemplo a frecuencia á cal vibran as cores. É física. Se pasamos unha luz branca por un prisma, acadamos un espectro coas cores do arco da vella. E ó revés? Curioso. Imaxinade a luz atravesando o seixo branco. O cuarzo, e a luz, coma a vibración máis xenuína, pura, foi orientada cara ó nacemento do sol. Non é casualidade. E a todo isto, dánlle un sentido práctico sobre o terreo.

    Atopo que o uso do cuarzo e do granito, aparte de que o temos por todas partes nesta terra, ten outra practicidade que vai máis aló de aportar información sobre os puntos cardinais e os treitos no terreo. Seica as rochas teñen tamén “masculinidade” e “feminidade”. Os exipcios usaban estas propiedades nas súas construccións, e tamén aparece na curación espiritual hindú.

    O cuarzo opaco, non o cristalino, ten unha propiedade “feminina” que axuda a aliñar os nosos corpos co centro magnético da terra.

    O granito, de propiedade “masculina”, era usado pola súa cantidade de cuarzo coma conector entre o electromagnetismo da terra e os nosos corpos, onde por exemplo temos cuarzo nos ósos. Deste xeito, semella que antigamente preparaban estas construccións pra xerar unha envoltura magnética darredor do corpo humano que os axudase no seu traballo espiritual.

    Cal era a finalidade dese traballo espiritual? Pois algo que non sabemos porque non fomos educados na espiritualidade. Se cadra a resposta está nas figuras de círculos concéntricos e labirintos dos petroglifos, e noutras culturas que aínda viven e sí practican a espiritualidade. E na física cuántica?

    Outra cousa que me chamou a atención no vídeo foi o grabado dun peixe na mámoa de Axeitos. Últimamente existe a idea de que a representación do que semella a forma dun peixe nos inicios do Cristianismo non era tal, e que o que ven sendo é a figura dunha vaxina. O nacemento, a fecundidade outra vez. Curioso, non si?

    Coma apuntamento, tamén temos o camiño de Santiago, que antes de ser asaltado polas institucións relixiosas era un roteiro universal no cal homes e mulleres viñan a Fisterra a morrer espiritualmente pra renacer de novo. Cantos de nós renacemos ó longo das nosas vidas debido a certas circunstancias? E non é pra ben? Que si se tenta facer intencionadamente pola vía espiritual empregando as forzas electromagnéticas que produce o planeta? Cando enterraban a alguén nunha mámoa, imaxino que o seguinte sería nacer de novo. Por isto tanto simbolismo e detalle. Se os arqueólogos téñenlle medo a atopar simbolismos nos xacementos é porque é un reflexo da nosa ignorancia coma sociedade educada nela. E por todo isto non é unha coincidencia que en Galicia as ánimas sempre anden polos cruces dos camiños, coma as mámoas. As lendas rematan por alumearnos unha coñecemento real que perdemos ó longo dos séculos.

    Un saúdo a todos, e grazas a Manuel por traer e compartir tanto coñecemento :)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará