10 anos da Galipedia nunha soa xornada

A Wikipedia é un dos proxectos culturais decisivos nas últimas décadas no mundo, un servizo altruísta que cambia a noción do coñecemento, a súa difusión e propiedade. Para min será un pracer acompañar aos Galipedistas -a versión en galego da Wikipedia- no seu décimo aniversario, o sábado 9 de marzo, no Colexio Maior Fonseca, no Campus Vida da USC. Falarei sobre Internet e activismo cultural, tentando trazar tendencias actuais pero tamén estratexias para o futuro. A entrada é libre, así que será un pracer verte por aló se te apetece conversar ao redor da cultura libre e o coñecemento compartiod.

One Comment

  1. Blackadder
    24 / Febreiro/ 2013

    agora tamén temos Desgalipedia, a parodia da Galipedia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará