Oda a unha flor: o sentido da estética

Por seguir con magníficos exemplos de visualización científica, aquí ven esta auténtica xoia. Este vídeo foi creado polo deseñador Fraser Davidson a partir dunha resposta do destacadísimo físico Richard Feynman -unha das grandes personalidades científicas do século XX- nunha entrevista da BBC. Esta é unha transcrición traducida ao castelán por Biotay desta resposta:

“Tengo un amigo artista que suele adoptar una postura con la que yo no estoy muy de acuerdo. Él sostiene una flor y dice: «Mira qué bonita es», y en eso coincidimos. Pero sigue diciendo: «Ves, yo, como artista, puedo ver lo bello que es esto, pero tú, como científico, lo desmontas todo y lo conviertes en algo anodino».

Y entonces pienso que él está diciendo tonterías. Para empezar, la belleza que él ve también es accesible para mí y para otras personas, creo yo. Quizá yo no tenga su refinamiento estético, pero puedo apreciar la belleza de una flor.

Pero al mismo tiempo, yo veo mucho más en la flor que lo que ve él. Puedo imaginar las células que hay en ella, las complicadas acciones que tienen lugar en su interior y que también tienen su belleza. Lo que quiero decir es que no sólo hay belleza en la dimensión que capta la vista, sino que se puede ir mas allá, hacia la estructura interior.

También los procesos, por ejemplo, el hecho de que los colores hayan evolucionado para atraer a los insectos significa que los insectos pueden apreciar el color. Y entonces se crea la pregunta: ¿El sentido de la estética también lo tienen las formas de vida menores de la naturaleza? ¿Por qué razón les resulta estético?

Toda clase de interesantes cuestiones de la ciencia que no hacen sino sumarle misterio e interés a la impresión que deja una simple flor, no entiendo cómo podría restárselo”

vía Fogonazos.

4 Comments

  1. feynmann mola
    8 / Xaneiro/ 2013

    je, je, je, o interminable dilema entre artistas e científicos. Ata que non atopen o “principium deorum” (que lle pregunten a benedicto xvi), non se darán conta o cerca que están os artistas dos científicos e viceversa porque mentras os científicos adícanse a observar o Universo, pola contra os artistas simplemente o levan dentro.

  2. Manuel Santos
    9 / Xaneiro/ 2013

    Dicía Feyerabend que non existía diferenza entre a arte e a ciencia. Por outra banda, o que se conta nesta anécdota recorda a unha coñecida lenda busdista. Un bo día Buda sostén unha flor e amósalla ós seus discípulos, todos quedan sen saber que dicir, sen saber que facer, agás Maha-kashapa, quen se limita a sorir. Entón Buda soubo que Maha-kashapa comprendera a sua mensaxe. Hai cousas que son inefables, o problema da ciencia é que precisa definir e facer representacións para comprender. A pesar de todo, viva a ciencia.

  3. 17 / Xaneiro/ 2013

    Onde se demostra que a etiqueta de “artista” non libera de dicir parvadas. Eu, debuxante por momentos, artista frustrado pero tamén namorado da ciencia, mesmo da que non comprendo, entendo que a arte xamais tería sido o que é sen a curiosidade científica. Que os exipcios e mesopotámicos plantearon as súas obras dende o coñecemento da máis pura xeometría. Que os gregos descubriron no canon matemático o principio universal da harmonía e o aplicaron a súa arquitectura e ás súas estatuas. Que eses mesmos principios explican a beleza da música, e están detrás da proporción das catedrais. Que no renacemento a ciencia e a arte camiñaron da man de maneira indisoluble, e por iso temos leis da perspectiva e estudos anatómicos aplicados á representación do movemento. O artista desa flor pode ver que a flor é bonita, pero se non é capaz de explicar cómo esa flor é fermosa, xamais poderá achegarse a emular esa beleza.

  4. 22 / Xaneiro/ 2013

    Igualar ciencia e arte non ten ningún sentido. Non se trata de poñer unha cousa enriba da outra, nin creo que haxa un grande dilema entre elas. ¿Hai metodoloxía científica detrás? Entón é ciencia. ¿Que non a hai? Pois será outra cousa: poesía, pintura, cine, fantasía, pseudociencia ou nada disto. Como explica ironicamente o autor de xkcd.com “Ciencia. Funciona … “, onde se recrea na gráfica do espectro de radiación de fondo de microondas do universo.

    Se Feyerabend dicía que non existía diferencia entre a arte e a ciencia, non queda mais que dicir que ou está equivocado, ou non está falando ao mesmo nivel que no vídeo. Ciencia significa que hai un método científico detrás, con todo o que iso supón, que non é pouco. As artes, afortunadamente, non deben someterse a estas restricións.

    Días despois de ler esta entrada atopeime con este maravilloso show científico da man da BBC e Brian Cox en A Night with the Stars. A referencia a parte do traballo científico de Richard Feynman aparece a partires do minuto 37, pero ben se merece velo na súa totalidade: ciencia explicada de xeito brillante.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará