Dos quarks á próxima extinción

Absolutamente interesante esta novidade editorial que, ademáis, se pode descargar de balde. Chámase Dos quarks á próxima extinción. Unha viaxe fascinante pola historia do Universo e a vida, de Pedro José Cascajosa e editado pola Axencia Galega de innovación da Xunta de Galicia. Carbajosa traza neste libro os procesos de formación da materia, as partículas elementais, as leis básicas do universo e a conformación de planetas e estrelas, para logo mergullarse no carbono, a conformación da vida e as bases da xenética que levan ata o Homo Sapiens. O libro ten moi boa pinta e é unha estupenda proposta de lectura para este Nadal, e enriquece o corpus de lecturas de divulgación científica en galego. Tamén vos recomendo, se non os coñecedes, os dous libros de Xurxo Mariño que temos publicados en pdf no Consello da Cultura: Po de estrelas e Os dados do reloxeiro. É un auténtico luxo que estes tres libros estean de balde.

One Comment

  1. Elixio Vieites
    23 / Decembro/ 2012

    Pois ten unha pintaza. É un tema clásico eso do “pó de estrelas”, pero despois vén a cuántica e diche que nin siquera eso, a todo máis, somos unha “posibilidade de forma de enerxía”. O que decían nos enterros e velorios era certo. Somos NADA ….sabiduría popular, xa o sospeitaba. Grazas pola recomemdación

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará