Un lugar solitario para morrer

Aínda que podería ser un título dunha película de James Bond, A Lonely Place to die (Un lugar solitario para morrer) é un trepidante thriller ambientado nas Terras Altas escocesas. Os amantes do deporte de aventura temos nesta película uns minutos para gozar da sobrecolledora natureza ao sur de Inverness. A historia narra a aventura de cinco montañeiros que van mudar o seu plan de escalada a partir do achado de algo que vale demasiado. E non conto máis. Entre as escenas impagables, polo que ten de suxestivo, de realismo máxico, sen dúbida está ese momento, ao inicio do filme, no que descubren a voz no medio do bosque.

3 Comments

  1. 6 / Decembro/ 2012

    Non sei se xa coñeces o blog, pero algo de todas estas paisaxes de Escocia, deses lugares e camiños, de tamén de outros fálase no post do blog (galego) de
    http://apoalla.blogspot.com.es/2012/10/os-vellos-caminos-de-robert-macfarlane.html

    A min este post de A Poalla descubriume a Robert Macfarlane, que xa ten dúas obras pubricadas en castelán: “Las montañas de la mente” e “Naturaleza virgen”… e que xa encarguei ós Reises Magos…
    http://www.casadellibro.com/libro-las-montanas-de-la-mente-historia-de-una-fascinacion/9788484282440/1010720
    http://www.casadellibro.com/libro-naturaleza-virgen/9788484283812/1184548

    Enlaces Youtube a Robert MAcFarlane
    http://www.youtube.com/watch?v=5q1IK-O5Ypg
    http://vimeo.com/10469415

    Dicir que o autor diste blog A Poalla xa leva dando conta de novidades no terreo da paisaxe galega dende hai anos(da man dil coñecimos por exemplo o libro “Galicia borrrosa”) entre outras moitas aportaciós no eido da literatura e a cultura galega(e universal).

  2. 7 / Decembro/ 2012

    Moitas grazas polas suxestións! Botareilles un ollo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará