A banda deseñada da Torre dos Mouros, debuxada e guionizada por Manel Cráneo, xa está practicamente lista e pendente das últimas revisións. Aquí vos presentamos esta marabillosa portada, inspirada nas fotos de fin de día que nos sacábamos todos os días cos voluntarios que quedaban a última hora da tarde. Manel fai unha fermosa e divertida analoxía visual entre os aldeáns que reparan e preparan a Torre no século X e os homes e mulleres que volveron á Torre dos Mouros no século XXI. “A sociedade non son os homes senón a unión dos homes”, é a cita final de Montesquieu que Manel deixou na cuberta traseira, e que resume o noso proxecto.
Foto de conxunto de algúns dos voluntarios da Torre (faltan os carnotáns). Foto: Sole
A BD estará a finais de novembro e contou coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. . Os voluntarios disporedes dun exemplar exclusivo gratuíto adicado por Manel Cráneo. En breve teredes información sobre como conseguilo.
A BD estará á venda en toda Galicia. Xa informaremos tamén dos puntos despois da presentación.
Be First to Comment