Un hashtag por menú

O restaurante Comodo, de New York, decidiu sistematizar unha práctica dos clientes: o uso dun hashtag en Twitter, como ferramenta promocional. Esta práctica de “hashtagear” (palabrazo!) os menús xa é habitual en Galicia, en locais exitosos de Compostela como A Nave de Vidán ou o Abastos 2.0. O pequeno paso máis alá é incentivar un pouco máis o emprego do hashtag como mecanismo para axudar aos clientes a decidir.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará