Tapéate 2012: unha ollada a algunhas tapas ben ricas

Teño a impresión de que o feito de que fosen, este ano, un pequeno grupo de locais hosteleiros moi dinámicos da cidade os responsables de organizar e promover Tapéate, no canto da municipal Santiago (é)Tapas, creou desta volta un fenómeno moi curioso que outros anos, desde logo, non era así: a regularidade na calidade das tapas. Todas as que levo probado ata agora cumpren de longo, ao meu ver, os mínimos de calidade, de presentación e mesmo do concepto ‘tapa’. Non podo resistirme a poñer as fotos (que xa verán que o din todo) que está a realizar Sole Felloza in situ, tal e como saen de cociña para a barra, das tapas, mentres as percorremos para darnos un pequeno descanso a última hora da tarde. Este ano, esta spin off do finado Santiago (é)Tapas está a dar moito que falar. E así o vexo nos locais, moi contentos en xeral coa concorrencia de público.


Cocochas e arroz con codium da Tafona.


Fritura de chipiróns no Manso


A ensalada de robaliza do Castelao


Tosta mariñeira de La Cavita (fresca, pero a máis frouxa das que probei por agora)


Piruleta de polo de curral da Viña de Xabi


As volandeiras do Curro da Parra


O bocadillo de mexilóns do Acio

Como vedes, un gran nivel medio este ano. Anímate a probalas, que paga a pena (todas a 2 euros de prezo).

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará