Investigación e reflexión arqueolóxica no verán: dúas xornadas de gran interese


Castro das Barreiras (Vimianzo), un dos eixos da xornada “Que sabemos dos castros?”

Desde que me dedico á práctica do xornalismo, a carencia terrible de información no verán súplese cos cursos e as xornadas específicas sobre os ámbitos nos que estás especializado, e que adoitan salvar a cobertura informativa das semanas duras de xullo e agosto. Que sería dos xornalistas sen cursos de verán! Así que o verán sempre é para min un tempo pracenteiro no que se comparten achados, reflexións e visións que se poden presentar cun pouquiño máis de vagar que durante as presas dos invernos. Este verán teño a honra de participar -reflexionando ao redor da comunicación e da ciencia- nestes dous eventos con propostas moi interesantes sobre o coñecemento da prehistoria do Noroeste.

Do obradoiro ó corpo: o metal como expresión de poder na protohistoria do Noroeste
Reunión Científica. 3 e 4 de Xullo. Edificio Padre Sarmiento, Santiago. Organiza: INCIPIT. Coordina: Xosé Lois Armada
[ver programa e datos de inscrición]

Que sabemos dos castros? Xornadas sobre investigación, didáctica e comunicación da Idade do Ferro
28-30 de setembro. Vimianzo. Organiza: Concello de Vimianzo. Coordina: Ángel Concheiro
[ver programa e datos de inscrición]

3 Comments

  1. Roberto
    20 / Xuño/ 2012

    ¿ Hai algún criterio de asistencia, Manuel?

    Grazas

  2. 20 / Xuño/ 2012

    Creo que en ningún dos dous casos hai requisitos previos, pode ir quen queira. Iso si, no do Incipit hai que pagar unha cota de 18 euros. No outro non o teño claro.

  3. Roberto
    20 / Xuño/ 2012

    Grazas!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará