Colapso & Galpóns

Por algún motivo, é asociación de ideas. Vexo a granxa Hill-Maheux, no Québec (Canadá), deseñada por Kariouk. Véxoa a través de Internet, por suposto, pero síntome como trasladado alí mesmo, recreando a orientación orixinal, os materiais que compoñen o edificio, as alturas e a súa imbricación nunha topografía natural, accidentada, en lixeiro descenso. Ando coa axenda basicamente colapsada estes días; non é posible afrontar máis pensamentos que os estritamente operativos e funcionais, ou cando menos, eu xa non consigo facelo, así que estes días este blog actualizarase cando -literalmente- cadre. Pero hai algo que sempre digo: se nos deberan entrenar dalgunha cousa, é en preservar capacidades infantís. Eu quédome con dúas: a da ilusión e a da evasión. Desde hai anos, o síndrome do colapso intensifícase cando vai comezando a aparecer a calor; cando todo o mundo relaxa o ritmo, a min cada ano esta tempada lévame á extenuación mental. E será por iso que, en Capítulo Cero, cando comeza a chegar o síndrome, no medio da voráxine podo gastar algunhas medias horas procrastinando pola rede casas de contos de fadas dixitais, profundamente evasivas e ilusorias.

3 Comments

  1. elixio
    9 / Xuño/ 2012

    “Manolo, cave ne festines”, que é moi malo para a saúde. Ou sexa, en galego, gardate de apresurarte. Cada día vas querer máis, chámanlle endorfinas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará