Herdeiros pola Forza: presentación este xoves ás 20.30 horas no Ateneo Valle-Inclán (Ribeira)

Pois cun pracer especial para min este xoves 24 ás 20.30 h. faremos a primeira presentación de Herdeiros pola Forza no Barbanza, a miña terra natal. Será no antigo corazón do barrio mariñeiro de Ribeira, no Bar Praza, que agacha entre escadas, como un deses faiados da casa dos vellos que agochaban centos de tesouros, ese fermoso Aleph que é o Ateneo Valle-Inclán. Será un pracer verte por alí e compartirmos os Herdeiros e o que faga falta.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará