Herdeiros pola Forza: edición esgotada en menos dun mes

Pois tanto Xurxo Ayán coma min estamos tan abraiados como contentos, porque Herdeiros pola Forza esgotou a primeira edición (500 exemplares) en menos dun mes en librarías. O cal revela dúas cousas: o galego é unha lingua que permite ter éxito editorial, mesmo en xéneros algo máis complexos como o ensaio, e debera ser un aviso para quen renuncia con alegría á súa propia lingua porque eu estou convencido de que ela mesma é parte do éxito. E o segundo ten que ver coa temática: con independencia de que á xente lle guste o noso libro ou non, unha cousa está clara. O noso patrimonio cultural, o seu presente e o seu futuro, interesa a moita xente, e iso é o que revelan estas cifras. E iso é o que máis nos enche o corazón: poder poñer por escrito algo que moitos de vós estabades, seguro, xa a pensar. Moitas grazas a todos e todas. Desde 2.0 Editora infórmannos de que xa está en curso a reimpresión.

7 Comments

  1. 7 / Maio/ 2012

    Parabéns, o libro o merece.

  2. Pablo do Paso
    7 / Maio/ 2012

    Noraboa. E os que xa o estamos a rematar, e somos herdeiros pola forza, pero dos da finquiña ou leirucho nunha parcelaria sen sentido, queremos solucións. Eu quero que fagades un capituliño polo menos para os pequenos propietarios, para os minifundistas, para os que estamos pillados coa casa á que non imos porque vivimos noutro lado, coa leira que se enche de xestas e toxos e o concello ou a Xunta ameaza coa multa por non limpala… O patrimonio “grande”, “antigo”, “milenario”, “histórico”, está moi ben e hai que facer por el, os que teñen a responsabilidade da xestión sobre todo, pero que facemos os indíxenas de hoxendía co que nos tocou? Como abordalo? Como xestionalo? Seguro que tedes algunha solución imaxinativa. Ou ao mellor é outro libro. Unha especie de Ciprianillo, un grimorio racional para herdeiros forzosos desnortados.
    De novo, parabéns!

  3. eumateix
    7 / Maio/ 2012

    Muitos parabéns! É verdade isso de que é um livro que entra polos olhos já sem o ler. Eu vinha lendo-o no aviom na minha viagem da Galiza a Barcelona e como nom tinha muito tempo para passar pola casa fum diretamente a aulas. Levava-o na mão, porque levava a mochila bastante apertada e nom o queria estragar, assim que o deixei sobre a mesa. Magicamente foi passando de mão em mão entre os meus companheiros sem eu lhe-lo ter dado. Perguntarom-me por ele e polos códigos QR.

  4. elixio
    7 / Maio/ 2012

    Pois que quere que lles diga, moitos parabéns. Aínda me rin un anaco ao mesmo tempo que o lía. É que sin humor, ou nos cortamos as venas ou nos volvemos túzaros de vez. E por outro lado tamén está moi clarificador e expón novas realidades a tomar moi en serio(pola administración, que a verdade no sei como anda de humor, pero a veces fai rir)

  5. 8 / Maio/ 2012

    moitos parabéns, alégrame ver que a xente é sensible ao coidado do patrimonio, o éxito do voso libro é un bo termómetro da disposición da sociedade galega a unha cuestión que a veces semella non preocupar aos medios de comunicación.

  6. 8 / Maio/ 2012

    Moitas grazas a todos! Eumateix, que bonito iso que contas. Pablo, eu creo que a resposta ao que ti comentas está na última parte, “A luz nos camiños”, neses pequenos ‘estudos de caso’ que esbozamos con pequenas iniciativas ao longo de todo o país. Non hai unha única solución, pero si debera haber unha única vontade. Debaixo de todas esas historias da última parte do libro latexa esa vontade.

  7. Reimunde
    14 / Maio/ 2012

    Parabéns aos autores!
    E dizer que que, com efeito, património material e imaterial vão da mãos dadas: dificilmente quem desrespeita o seu património vai respeitar a sua Língua e ao revés.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará