Mañá, sábado: Excursión castrexa + presentación de Herdeiros pola Forza en Foz

Pois mañá teremos unha actividade moi especial vinculada á presentación de Herdeiros pola Forza en Foz. Organizada polas asociacións Pomba do Arco e Mariña Patrimonio, realizarase unha visita guiada polos espectaculares castros costeiros de Foz. A saída é ás 16.00 h. praza do porto de Foz, facemos a excursión e rematamos ás 19.00 na Casa da Cultura de Foz, onde presentamos o libro. A excursión é do máis interesante, é gratuíta e para nós será un pracer que nos acompañes. Así nola describen a xente de Mariña Patrimonio:

“A visita empezará no xacemento arqueolóxico do Carreiro de Foz, onde se amosarán os restos alí aparecidos. Continuará polo Cu do Castro, na praia de Llas e polo castro de Fazouro, onde Manuel Gago e Xurxo Ayán nos darán explicacións das estruturas dos castros e das relacións sociais no mundo castrexo. Continuaremos coa visita ao Castriño de Nois e rematarémola no Pico da Lebre, no que se nos amosarán os restos dunha antiga fortaleza”.

Máis información no web de Mariña Patrimonio

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará