Q.Bo: o robot que naceu baixo as sabas

Paréceme magnífico o proxecto de robot Q.Bo que promove o equipo de investigación español The Corpora e que comezarán a comercializar en breve. A súa filosofía resúmese en palabras de enorme poder: Design + Linux + Arduino + ROS + Standards = QBO. Este robot está destinado á aprendizaxe doméstica de conceptos de hardware e a desenvolvemento de software, e é un paso adiante na didáctica popular para facer confluir experimentación con imaxinación.

O fundador de The Corpora alude a esta marabillosa imaxe para comprender o seu soño de crear o robot Q.Bo:

As lecturas, de cativo, de ducias de libros de ciencia-ficción onde a robótica do futuro xa estaba imaxinada. Se cadra nestes soños literarios sobre as grandes preguntas da cibernética: a identidade, a conciencia e a intelixencia das máquinas, estean detrás destes adorables vídeos nos que o robotiño Q.BO experimenta co seu propio recoñecemento como ente.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará