Cazan ilegalmente lobo ibérico na Serra do Barbanza


Exemplar femia de Canis lupus signatus (lobo ibérico) capturado con trampa lazo. Foto: Xurxo Gago / Axena


Axentes do Seprona e da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (Consellería de Medio Rural) observando a captura. Foto: Xurxo Gago / Axena

Nesta Semana Santa, a xente de Axena, a Asociación Xuvenil para o Estudo da Natureza, non parou. Ao redor dunha finca gandeira da Serra do Barbanza estaban tendidas numerosas trampas lazo destinadas á captura e morte de exemplares de Lobo ibérico; alomenos unha femia desta especie e un posible híbrido (cruce entre lobo ibérico e can) foron mortos deste xeito (nalgún caso rematados a tiros). Os feitos foron denunciados ao Seprona e á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Rural da Xunta, e axentes das dúas entidades desprazáronse ao lugar dos feitos para realizar os informes e tomar as probas. No blog de Axena tedes máis información.

5 Comments

  1. loba esteparia
    11 / Abril/ 2012

    CABROIS!

  2. 14 / Abril/ 2012

    Acaba de ver a miña filla Sarela de 6 anos -estamos a teclear este comentario a medias- as fotografías dos lobos da túa páxina: A nova fotografía, fermosa, maxestuosa, e aqueloutra foto, do pobre do lobiño morto.

    E pide que apoiemos como familia a amnistía ao lobo barbanzón.

    Sarela, Deva, Castor e Soco

  3. luis constenla lera
    8 / Outubro/ 2012

    Si non temos forma de gardalos potros e tenreiros,temos que supoñer que habera unha pequena perda,que non sera tal,xa que a natureza e moi sabia,e aqueles os que pretenden eliminar;non son mais que os chamados policias sanitarios do monte…Son os que evitan graves problemas coa transmision de enfermedades,facendo desaparecer animais feridos,vellos e enfermos que poderian traer problemas sanitarios nos ecosistemas,onde paralelamente se desenrolaron,moito tempo despois que eles,as actividades agropecuarias;ganderas,agricolas,ect……………………………..
    O monte e coma un avion,precisa todolos parafusos pra traballar con precision…MOITAS GRAZAS POR ME DEIXAR EXPRESALA MIÑA OPINION…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará