Presentación de Herdeiros pola Forza: unha crónica visual do acto

A presentación de Herdeiros pola Forza no Antigo Colexio dos Irlandeses foi un éxito, e para nós un momento emocionante. Cando rematamos, tanto Ayán coma min mirámonos e estabamos exhaustos: que baixón! Antes houbera varias horas de preparativos. Pero este día quedará para sempre na nosa memoria. Queremos agradecer o traballo de Sole Felloza (nestas fotos, pero tamén na escenografía tan sinxela como impactante que deseñou para o evento) e Sonia García (sen a cal non poderiamos celebralo alí), así como dos nosos editores, 2.0 Editora, que nos arrouparon no evento e na propia edición. E, por suposto, da familia Harguindey, propietaria actual do pazo.

No interior do post tes unha pequena crónica visual do evento.

5 Comments

  1. 2 / Abril/ 2012

    Parabéns polo livro, polo êxito da apresentaçom e por abrir-nos as portas de um edifício com o que tenho fantaseado tantas vezes! :D

  2. Xosé A. López Silva
    3 / Abril/ 2012

    Un pracer estar alí e disfrutar do espazo e das palabras. Apertas enormes!

  3. Roberto
    9 / Abril/ 2012

    Noraboa por ilusionar, e traballar por dignificar o patrimonio histórico e inmemorial desta terra.

    Totalmente de acordo co alí comentado: dignificar e valorizar o patrimonio, tanto coma fonte de progreso cultural coma económico.

    Unha aperta¡

    PD: Por certo, o libro está ben entretido¡ ;)

  4. isaac
    26 / Abril/ 2012

    Moito me gustan as fotos que tira Sole, neste e noutros reportaxes (menos a terceira, non sei se aposta, pero todo está desenfocado ao meu entender).

  5. Aidreen Seosamh mac Magnusa
    7 / Novembro/ 2012

    ese sitio fue fundado por un antepasado mío. espero que lo dejasteis limpio y bonito. saludos/sláinte!! Mac.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará