Preparando o Fórum’12: paixón de río no Silabario de Tui

Last updated on 13 / Febreiro/ 2012


No medio da fronteira. Fotos: Sole

Os días están fríos e fermosos. Nestes días a luz do río Miño é especial; o río baixa baixo, feble ante as escasas chuvias, pero aínda así está fermoso, tranquilo, se cadra demasiado transparente para este febreiro. Viaxamos ata Tui para volver probar o Silabario e preparar co chef Alberto González e a súa segunda de a bordo, Raquel Alonso. O martes 28 de febreiro Alberto e Raquel presentarán no Fórum Peixes ancestrais do Miño, paisaxes culinarias de fronteira e estamos traballando na presentación: no ritmo, nas ideas. A historia promete, pero será o pai Miño quen dictamine como será finalmente a ponencia destes novos cociñeiros. Eles, tan tranquilos.

O Pai Miño sempre provee.

Entrementres, a cociña do Silabario segue en crecemento. Non creo que a estrela Michelín cambiara o seu xeito de cociñar, ou o mellorara. Pero desde a última vez que estivemos aquí (ver post), adega e cociña foron medrando. A brasa xa é todo un sinal de identidade deste restaurante. Un espazo moi persoal, moi único, unha cociña moi singular en Galicia. E o comedor petado. Aquí van algúns exemplos de delicias:

Por certo, durante o xantar degustamos un par de botellas dese tesouro descoñecido dos viños portugueses que é a Bairrada. Explorade ese mundo, que paga a pena!

2 Comments

  1. Milu
    14 / Febreiro/ 2012

    Qué bien que estuviese lleno. Siempre que fui, unas tres o cuatro veces, mi mesa era la única o como mucho una más…una pena…

    ¿Efecto estrella?

    Milu.

  2. Karl
    23 / Febreiro/ 2012

    Estupenda foto da ponte! (Moi adecuada para un concurso do camiño portugués que vin no web do concello de Valença) Os bairrada serán descoñecidos en Galicia, pero en Portugal son moi bebidos. A min tamén me gustan moito, todo un mundo de tintos do centro portugués.

    Saúdos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará